Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DO PROGRAMA CEMIT RURAL 2018
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, animou á veciñanza a anotarse nos locais sociais de San Mateo, San Xiao, Doso, Castro, Pedroso, Sedes e O Val
Narón, 28 de xaneiro de 2018. Os locais sociais da zona rural de Narón acollerán, a partir do vindeiro mes de febreiro, cursos gratuítos de informática. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que a iniciativa enmárcase na programación Cemit Rural 2018 e que se desenvolverá ata o vindeiro mes de xuño. As sesións programadas impartiranse a grupos dun máximo de dez persoas, xa que se levarán aos locais sociais ese mesmo número de equipos portátiles, cedidos polo Consistorio para realizar estes cursos. As persoas interesadas en anotarse poden facelo nos locais sociais de San Mateo, San Xiao, Doso, Castro, Pedroso, Sedes e O Val. “Esta acción formativa de contido similar para todas as zonas rurais, é unha demanda dos veciños e veciñas que o ano anterior xa foron alumnos e alumnas e nos indicaron o modelo de curso a impartir que sería de utilidade para eles”, explicou Natalia Hermida. Nas clases aprenderán: Informática básica, Redes sociais e o Manexo de móbil e whatsapp, cunha duración de 51 horas. Os cursos programados no marco deste programa Cemit Rural 2018 teñen unha duración, en conxunto, de 357 horas, para o primeiro semestre do ano e cunha previsión de continuar a partir do mes de setembro con máis accións formativas desta índole. As clases desenvolveranse en tódolos grupos en horario de tarde, a razón de dous días á semana, sendo de hora e media cada unha das sesións. A edil de Novas Tecnoloxías destacou que se trata dunha proposta “coa que continuamos achegando desde o Concello as novas tecnoloxías á zona rural e deste xeito evitamos que os residentes deses núcleos non teñan que desprazarse ata a zona urbana para asistir a este tipo de oferta formativa, facilitándolles ademais os medios para poder realizar os cursos, neste caso os ordenadores portátiles”. “Desde a Concellería de Novas Tecnoloxías animamos ás veciñas e veciños a aproveitar esta oportunidade de recibir formación específica e que será moi útil para todos eles no seu día a día”, recalcou Natalia Hermida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal