Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS A UNHA TRINTENA DE PARTICIPANTES EN DOUS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, entregaron os diplomas nun acto celebrado no Concello
Narón, 1 de febreiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe no Concello un total de trinta e un diplomas aos participantes en dous cursos do programa municipal de Envellecemento Activo. Nesta ocasión convocáronse os obradoiros de Manexo de móbil intelixente e os de Iniciación á Caligrafía, que o alumnado rematou con éxito. Marián Ferreiro e Teresa Sabio felicitaron ás mulleres e aos homes que realizaron estes obradoiros, e animáronos a continuar participando neste tipo de propostas, de balde, e ofertadas a través do Concello. O programa de Envellecemento Activo aposta por facilitar a socialización das persoas da Terceira Idade e tamén favorecer a súa autonomía persoal, tal e como recordou Sabio. O uso dos teléfonos móbiles, o acceso a internet desde estes dispositivos, as diferentes aplicacións ou como escribir mensaxes… foron algúns dos temas abordados no obradoiro de Manexo de móbil intelixente, se ben nos de Caligrafía os participantes aprenderon diferentes tipos de letras, de tintas e papeis e técnicas de caligrafía, entre outros contidos. En canto ao citado programa de atención ás persoas maiores, a alcaldesa e a concelleira de Promoción Social recordaron hoxe que a partir do día 2 de febreiro se abrirá o prazo de inscrición en catro obradoiros de Manexo de Móbil intelixente, que se desenvolverán no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e nos locais sociais de Piñeiros, O Val e A Solaina, e un de Corresponsabilidade para homes, que terá lugar no Centro Comunitario das Vivendas da Marina. Neste último os participantes aprenderán nocións básicas de tecido, etiquetado, arranxo de prendas, lavado e secado, pasar o ferro… As persoas interesadas en anotarse poden facelo a través do Rexistro Xeral do Concello, de 8.30 a 13.00 horas, cumplimentando un formulario que se pode recoller no propio Rexistro do Concello. Para os dous obradoiros ofertaranse un total de setenta e cinco prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal