Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A FESTA INFANTIL DE DISFRACES DESTA TARDE MARCA O INICIO DOS ACTOS DE ENTROIDO QUE CONTINÚAN A FIN DE SEMANA CUN FESTIVAL DE COMPARSAS E PASARRÚAS
A FESTA INFANTIL DE DISFRACES DESTA TARDE MARCA O INICIO DOS ACTOS DE ENTROIDO QUE CONTINÚAN A FIN DE SEMANA CUN FESTIVAL DE COMPARSAS E PASARRÚAS
Once agrupacións participarán mañá sábado no Festival de Entroido que se programou na pista polideportiva da Solaina, donde tamén haberá un concurso de disfraces
Narón, 9 de febreiro de 2018. A pista polideportiva de Xuvia acollerá esta tarde, a partir das 17.00 horas, unha Festa infantil de disfraces organizada polo Concello e a AVV Altea baixo unha carpa instalada para esta cita festiva. O evento marcará o inicio das celebracións do Entroido na cidade, que continuará durante toda a fin de semana. As agrupacións Troupele, Troupele, Os Parrandolos, Os Colludos, Vide Vindo, Os Argalleiros, Treboada da Semente, Os de jris –todas de Narón-, Os Trastos –Valdoviño-, A Canteira –Neda- e A CRM Xente de Aquí e de Acolá –Pontedeume-, e A Revolta, -Ferrol-, actuarán mañá na pista polideportiva da Solaina a partir das 18.00 horas, no marco do Festival de Entroido organizado polo Concello de Narón. Previamente, a partir das 13.30, amenizarán a XIV edición da Festa do Cocido da AVV da Gándara -a comida que dará comezo ás 14.00 horas- no Pavillón da Mocidade, desde donde partirán desfilando –sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan- ás 17.15 horas polas rúas Bispo Argaya, Vilalba, Lugo, Wenceslao Fernández Flórez e as estradas da Trinchera e da Gándara ata a avenida de Santa Icía, para chegar á pista polideportiva da Solaina, donde se celebrará o Festival de Entroido -baixo unha carpa- que presentará Teatro Ghazafelhos e terá como convidado especial ao actor Paco Nogueiras.
A festividade na pista polideportiva da Solaina inclúe ademais un concurso de disfraces con tres categorías: adulto, infantil e por grupos. Tanto neste certame como no propio festival se entregarán varios premios. No caso do concurso de disfraces haberá cestas con produtos típicos do Entroido para os maiores e entradas para espectáculos no Pazo da Cultura para a categoría infantil, e no das comparsas, as tres mellor puntuadas polo xurado recibirán unha figura conmemorativa do Día do Entroido.
A celebración de mañá implica unha serie de restriccións no tráfico rodado, polo que se prohibirá o estacionamento nas rúas Alexandre Bóveda, Francisco Pizarro, avenida da Solaina e Rúa Cristóbal Colón ata que finalice o acto. Nas rúas Francisco Pizarro e Alexandre Bóveda cortarase o paso aos vehículos uns intres antes da chegada das comparsas; poderase baixar pola avenida da Solaina e subir pola Francisco Pizarro por un carril que se habilitará momentaneamente polo lado dos edificios.
Na xornada do domingo 11, entre as 13.00 e as 14.30 horas, algunhas das comparsas que participarán mañá no Festival de Entroido realizarán un pasarrúas amenizando coas súas cancións e música os diferentes barrios. Na zona da Gándara actuarán Os Argalleiros; na Solaina Troupele, Troupele; na zona da Praza de Galicia e no Centro Comercial do Alto a de Os Colludos; no Alto do Castiñeiro e pola zona da AVV Chafarís, A Treboada da Semente, por Xuvia estarán Os de Jris, e Os Parrandolos nas Prazas Álvaro Paradela, Vivendas de Profeco e Centro Cívico Social de Piñeiros.
Continúa tamén estes días –ata o 14 de febreiro- o Concurso de Tapas de Entroido, no que participan unha vintena de establecementos de hostalería das zonas urbana e rural da cidade –pódense consultar no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Folleto-Entroido-2018.pdf e que servirán tapas de balde entre a clientela –de 13.00 a 15.00- nas modalidades de Entroido ou Creativa. Os establecementos optan a premios valorados en conxunto en 1.300 euros e a clientela, por depositar o seu voto na urna que atopará nos locais, entrará no sorteo de cinco ceas para dúas persoas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal