Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE TRIBUTO A QUEEN E O ESPECTÁCULO TEATRAL PUM, PUM!
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE TRIBUTO A QUEEN E O ESPECTÁCULO TEATRAL PUM, PUM!
As entradas para os espectáculos, que serán os días 17 e 18 están á venda na billeteira do Pazo da Cultura
Narón, 12 de febreiro de 2018. O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana un concerto de tributo á banda británica de rock Queen –o sábado 17- e unha sesión de monicreques, Pum, pum! –o domingo 11-. A primeira das citas culturais estará polo tanto relacionada coa música, cun espectáculo en homenaxe ao cantante da citada banda, Freddie Mercury, tras máis de dúas décadas da súa ausencia. A xira deste tributo consta de máis de 800 shows en vivo e puido verse nunha vintena de países. As persoas que desexen asistir a este tributo a Queen, que dará comezo ás 22.00 horas, poden adquirir as entradas na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 20 euros no patio de butacas e de 18 nos anfiteatros en venda anticipada, ou de 24 e 22 euros respectivamente o propio día da actuación.
Na xornada do domingo 18 será o turno dun novo espectáculo para público familiar e infantil, neste caso a cargo da compañía Baobab Teatro, que representará Pum, pum! Neste caso a actuación será a partir das 18.00 horas e na mesma iranse contando unha serie de historias cotiás características de certas idades dos nenos e nenas. A obra aposta por transmitir aos menores unha mensaxe moi clara: que ninguén pode obrigalos a facer cousas que non queren. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal