Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA ABRIRASE O 19 DE FEBREIRO
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA ABRIRASE O 19 DE FEBREIRO
A iniciativa porase en marcha os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril nas instalacións da escola de Domirón e oferta un total de vinte prazas
Narón, 15 de febreiro de 2018. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, anunciou a próxima apertura, o luns día 19, do prazo para anotarse no programa ConciliaEscola Semana Santa. A iniciativa, impulsada desde o Concello, diríxese a menores de entre 4 e 12 anos –ambas idades incluídas- empadroados en Narón e terá lugar nas instalacións da escola de Domirón (CRA) os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril.
Un dos requisitos para poder anotarse é que os dous membros parentais estean traballando (pai, nai, custodio/a ou titor/a). O prazo de presentación de solicitudes será do 19 ao 23 de febreiro, se ben o número de prazas dispoñibles é de 20. As inscricións deben recollerse no Servizo Sociocomunitario do Concello –no primeiro andar- e entregarse no Rexistro municipal, en horario de 8.30 a 13.30, sendo preciso aboar o prezo da quenda desta actividade, establecida a través da pertinente ordenanza en 8,15 euros por participante.
Os asistentes disporán de servizo de transporte sempre que exista un grupo mínimo de dez solicitudes. Para o horario de ConciliaEscola entre as 7.30 e as 14.00 haberá só transporte de volta e para os que acodan de 9.00 a 14.00 o servizo será de ida e volta. As rutas a seguir estableceranse unha vez se coñeza a zona de residencia das nenas e nenos e informarase debidamente ás familias, nunha xuntanza pendiente de convocar, tanto do contido do programa como dos horarios e das paradas que realizará o autobús.
A concelleira naronesa recordou que xa se remitiu aos centros escolares da cidade a información relativa a este programa municipal, co fin de que tamén a difundan entre os potenciais participantes en ConciliaEscola Semana Santa. “Un ano máis, coincidindo coas vacacións escolares, neste caso as de Semana Santa, desde o Concello poñemos en marcha este servizo co que axudar ás familias de Narón a conciliar a súa vida laboral e familiar, polo que animamos ás persoas interesadas a anotarse a partir do vindeiro luns”, apuntou Teresa Sabio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal