Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ANOTARSE NA MARCHA CICLISTA DO DOMINGO CORREDOIRO
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ANOTARSE NA MARCHA CICLISTA DO DOMINGO CORREDOIRO
O clube ciclista Clásicos BikeWorks organizou co Concello un roteiro ciclista pola zona urbana para o día 18 de febreiro
Narón, 15 de febreiro de 2018. O vindeiro domingo, día 18, terá lugar a Marcha ciclista convocada desde o clube ciclista Clásicos BikeWorks en colaboración co Concello con motivo do Domingo Corredoiro. O evento ía celebrarse nun principio o pasado 4 de febreiro, dando o pistoletazo de saída ás actividades programadas para o Entroido, pero finalmente tivo que pospoñerse debido ao mal tempo. Máis de sesenta persoas xa teñen confirmada a súa asistencia á cita, na que os ciclistas irán disfrazados, pero todos aqueles interesados en anotarse poden aínda facelo –de balde, ata esgotar as cen prazas dispoñibles- contactando con Clásicos BikeWorks, ou nos establecementos Óptica Valero e Calzados Mara, en Narón.
Os participantes sairán ás 10.30 horas da rúa Cataluña, para iniciar un percorrido en bicicleta duns dez quilómetros pola zona urbana de Narón de aproximadamente unha hora e media de duración. A rúa Cataluña, a estrada Castelao, os viais Luis Seoane, Celso Emilio Ferreiro e as estradas da Gándara e da Trinchera formarán parte desta ruta en bicicleta.
Desde o Concello de Narón este evento contará coa colaboración tanto do equipo de Educación Viaria como de voluntarios de Protección Civil, que acompañarán ás persoas que asistan ao Domingo Corredoiro durante todo o percorrido.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal