Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ANDRÉS SUÁREZ, ISMAEL SERRANO, SÉS, ROZALÉN E LUZ CASAL ACTUARÁN ENTRE OS MESES DE MARZO E OUTUBRO NO PAZO DA CULTURA
ANDRÉS SUÁREZ, ISMAEL SERRANO, SÉS, ROZALÉN E LUZ CASAL ACTUARÁN ENTRE OS MESES DE MARZO E OUTUBRO NO PAZO DA CULTURA
A presidenta do Padroado da Cultura e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, valorou o feito de que nos vindeiros meses actúen na cidade estes cinco recoñecidos profesionais da música
Narón, 17 de febreiro de 2018. O Pazo da Cultura de Narón programou entre marzo e outubro un total de cinco concertos. Andrés Suárez, Ismael Serrano, Sés, Rozalén e Luz Casal actuarán na cidade nos vindeiros meses, tal e como indicou a presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. A primeira destas citas musicais terá lugar o 3 de marzo, data na que o cantautor ferrolán Andrés Suárez actuará no Pazo a partir das 20.00 horas. O público poderá gozar dun adianto dos temas do seu novo álbum, “El corazón me arde”, gravado en Gerona tras seis meses de intenso traballo. Música rock, folk e fado caracterizan os temas deste disco de Suárez. O prezo das entradas, das que aínda quedan algunhas disponibles –na billeteira do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es- é de 25 euros no patio de butacas, 22 na platea 1 e 18 na platea 2.
A segunda das propostas musicais correrá a cargo do cantautor Ismael Serrano, que actuará en Narón o 7 de abril –ás 20.30 horas- no marco da súa xira “20 años. Hoy es siempre”. Os temas deste cantautor madrileño teñen unha fonda influencia doutros recoñecidos cantautores tamén de éxito, como Silvio Rodríguez ou Luis Eduardo Aute, entre outros. Temas inéditos combínanse con versións doutras cancións no novo proxecto de Serrano, “20 años. Hoy es siempre”, no que unha vez máis dá mostra da súa exitosa traxectoria profesional. As entradas custan 18 euros para o púbico xeral e 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.
No mes de maio, o día 12 –ás 20.00 horas- será o turno de Sés, a cantautora galega que interpretará temas de “Re-admirando a condición”, o seu quinto traballo discográfico, que viu a luz a finais do pasado ano. A propia Sés produciu o disco na Coruña e actuará cos seus músicos habituais. En xaneiro comezou a xira que inicialmente a ía traer a Narón ese mesmo mes, pero que por motivos de saúde tivo que aprazarse a data do concierto. As últimas entradas están aínda á venda, a un prezo de 12 euros para o público xeral e 8,40 en tarifa reducida.
O sábado 9 de xuño –o horario está aínda por determinar- actuará Rozalén, unha recoñecida cantautora e compositora natural de Albacete. O ano pasado editou o seu terceiro traballo, “Cuando el río suena…”. Trátase, según asegurou a propia Rozalén, do seu disco máis persoal, con temas nos que se narran historias da súa propia vida e tamén relacionadas coa súa familia. As entradas para o concerto poranse á venda proximamente.
Por último, o día 6 de outubro –a hora está pendente de fixar- actuará no Pazo a cantante galega Luz Casal, que presentará o seu novo disco, “Que corra el aire”, con temas inéditos e que verá a luz a comezos do vindeiro mes de marzo. Nesta ocasión, o que é o seu décimo quinto disco trata nas cancións –un total de once- temas como a volta á casa, os desexos e os recordos. Luz Casal é unha das artistas máis valoradas dentro da música popular do país e recibiu ao longo da sua ampla e exitosa carreira numerosos recoñecementos a nivel nacional e internacional. As entradas para este concerto poranse tamén á venda próximamente.
A presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade da programación, nesta ocasión musical, do Pazo, que se completa con variados espectáculos teatrais e outros de danza e diversos estilos musicais como a ópera. No que respecta a estes cinco concertos previstos para os vindeiros meses, Ferreiro destacou que “traerán a Narón a artistas de primeiro nivel, que agradarán a diferentes xeracións e públicos, da man de artistas cun gran recoñecemento pola súa traxectoria profesional”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal