Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL VALORA O COMPROMISO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA RETOMAR O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DA ESTRADA DE SAN XIAO
O GOBERNO LOCAL VALORA O COMPROMISO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA RETOMAR O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DA ESTRADA DE SAN XIAO
Tres edís do goberno local, Pablo Mauriz, Catalina García e Pablo Villamar, reuníronse con persoal técnico do departamento provincial de Vías e Obras
Narón, 26 de febreiro de 2018. Tres concelleiros do goberno tripartito, Pablo Mauriz, Catalina García e Pablo Villamar, desprazáronse á Coruña xunto coa presidenta da AVV Ceibe San Xiao, Luisa Filgueiras, para reunirse con persoal técnico do departamento provincial de Vías e Obras que dirixe o deputado José Manuel Pequeño. Os edís naroneses abordaron cos representantes da Deputación as obras da senda peonil que se está executando na estrada de San Xiao (DP-5401) e obtiveron o compromiso de retomar o proxecto de ampliación do citado vial. Ao remate da reunión os concelleiros naroneses valoraron “moi positivamente” o resultado deste encontro, subliñando ese compromiso adquirido pola Deputación “para mellorar considerablemente a seguridade vial nesta estrada provincial".
Desde a Deputación confirmouse que se procederá a rematar os traballos xa iniciados na senda peonil que discurre por un tramo do citado vial e informaron que se están analizando unha serie de demandas plantexadas pola veciñanza, co fin de executalas no caso de que sexan viables.
Así mesmo, no que respecta á mellora da estrada de San Xiao, a administración provincial comprometeuse a retomar o proxecto de ampliación e mellora da vía, partindo dun proxecto xa redactado no seu día pero que será preciso actualizar para poder levalo a cabo, tal e como se indicou. Esta proposta estivo orzamentada inicialmente en preto de 900.000 euros e contempla unha ampliación do ancho da estrada, algunha variante no trazado e a habilitación dun arcén, entre outras medidas. Tamén será preciso adaptar ese proxecto inicial ás obras que actualmente se están executando na zona.
Desde o goberno local recordouse que o Concello xa realizou algunhas modificacións hai uns anos no Plan de Urbanismo para que o proxecto puidese materializarse. “No anterior mandato foi imposible avanzar neste asunto, a pesares de que desde a administración local se tratou de facelo e se ofreceu á Deputación da Coruña a colaboración que se considerase oportuna”, lamentaron desde o grupo de goberno. “Finalmente, trala reunión desta mañá vemos que si existe unha vontade nesta ocasión para executar un proxecto que é moi necesario nesta parroquia de Narón, nun vial donde se iniciou unha intervención que non tivo continuidade pero que agora, grazas ao compromiso provincial, contribuirá a mellorar considerablemente a circulación rodada pola zona e a seguridade dos peatóns”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal