Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE ANDRÉS SUÁREZ E O MUSICAL PETER PAN
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE ANDRÉS SUÁREZ E O MUSICAL PETER PAN
As últimas entradas dispoñibles para estes eventos poden adquirirse a través da billeteira do Pazo e da web do Padroado da Cultura
Narón, 27 de febreiro de 2018. O cantautor Andrés Suárez actuará este sábado, día 3, no Pazo da Cultura ás 20.00 horas, donde interpretará temas do seu último álbum, “Desde una ventana”. Suárez está inmerso no tour iniciado o pasado mes de setembro, e que xa o levou a varias cidades españolas. No concerto que terá lugar o sábado o público poderá desfrutar coas catorce cancións deste álbum e tamén doutros recoñecidos temas deste cantautor, que vai xa polo seu sétimo traballo musical, no que predominan estilos como o rock, o fado e o folk. As entradas que aínda están dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 25 euros no patio de butacas; 22 na platea 1 e 18 na platea 2.
Na xornada do domingo terá lugar o musical “Peter Pan”, da compañía Tertulia Producción. Trátase dun musical dirixido ao público familiar e infantil de algo máis dunha hora de duración. Peter Pan, Wendy e Campanilla protagonizarán este espectáculo, que trasladará ao espectador a un mundo imaxinario. A cita dará comezo ás 18.00 horas e as entradas –aínda quedan algunhas dispoñibles- teñen un prezo de 12 euros en venda anticipada e 15 o propio día da actuación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal