Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA VARIAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA APEGO A TRAVÉS DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O CONCELLO CONVOCA VARIAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA APEGO A TRAVÉS DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que boa parte das propostas se desenvolverán nos centros cívicos da zona urbana e rural da cidade
Narón, 28 de febreiro de 2018. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello, dependente da Concellaría de Ensino, que dirixe a edil Mercedes Taibo, programou unha gran variedade de actividades para os primeiros meses do ano, todas elas de carácter familiar e infantil e enmarcadas no proxecto Apego. A primeira das convocatorias terá lugar esta mesma tarde, no centro cívico social do Alto, e consistirá na representación da obra O xigante, de Elefante Elegante. A primeira sesión será ás 17.30 e a segunda ás 19.00 horas, estando pensada a obra para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Taibo animou ás familias de Narón a participar neste tipo de iniciativas e valorou a implicación do persoal docente que tamén se formará a través das propostas do Servizo de Normalización Lingüística.
A seguinte proposta será o contacontos teatral Comerá o bebé? Neste caso a cargo de Cris de Caldas e que será o venres 2 de marzo no centro cívico social do Couto, tamén en dúas sesións -18.00 e 19.00 horas- e para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos. Continuará a programación coa compañía Trinke Trinke, que representará Avós na Biblioteca Municipal o xoves día 15 de marzo –ás 17.30 e ás 19.00- para nenos e nenas de 3 a 8 anos. A última das actividades de contacontos teatral será o 23 de marzo no centro cívico social de San Xiao, con Conto me río. Nanocontos de Raquel Queizás e que terá novamente dúas sesións -17.30 e 18.30- para menores de ata 3 anos. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo, tal e como explicou Taibo, a través do correo electrónico: a.pita@naron.es.
As propostas ofertadas desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón inclúen ademais no marco do mesmo programa actividades para o persoal das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros e da escola Galiña Azul de Xuvia, que aprenderán xogos, cancións e ditos infantís populares a través de Migallas Teatro. “Desde xeito o profesorado recibirá unha formación moi útil e que despois poderá aplicar coas nenas e nenos que acoden a estes centros”, apuntou Taibo. Esta convocatoria dirixida ao profesorado das escolas infantís municipais consiste nun obradoiro, titulado A orella pendella, e terá lugar o día 14 de abril na escola infantil municipal da Solaina ás 10:30 horas.
Á parte das actividades infantís que se insiren dentro do programa Apego, o Servizo ten programadas actividades para o alumnado da ESO dos colexios públicos da cidade. Serán eles os protagonistas duns obradoiros de regueifas para alumnado de cuarto da ESO do IES As Telleiras –días 5 e 6 de abril- e de segundo curso da ESO do IES Terra de Trasancos –o 6 de marzo-. “Neste caso, o obxectivo é dinamizar o emprego da lingua galega, pero a maiores profundizando nas regueifas, un xénero de improvisación oral en verso que obrigará ao alumnado a agudizar o seu enxeño e creatividade”, explicou a concelleira de Ensino.
As persoas interesadas nas actividades convocadas a través do programa Apego poden informarse no quinto andar do Concello, a través do número de teléfono 981 337 700 (ext. 1516), no correo electrónico: a.pita@naron.es ou na web: www.apego.gal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal