Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INAUGURADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN SOBRE HILDEGART RODRÍGUEZ
INAUGURADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN SOBRE HILDEGART RODRÍGUEZ
A iniciativa forma parte dos actos programados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller
Narón, 2 de febreiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, participaron esta mañá xunto con Luis Calvo, representante do Ateneo Ferrolán, na inauguración oficial da mostra sobre Hildegart que con motivo dos actos do Día Internacional da Muller permanecerá exposta ata o día 15 deste mes na Biblioteca municipal. A rexedora local e a edil naronesa destacaron o traballo realizado desde o Ateneo Ferrolán para dar a coñecer a vida e os logros de Hildegart Rodríguez. Así mesmo, animaron á veciñanza a visitar esta mostra, na que a través dos diferentes paneis –un total de dezaseis- se explica polo miúdo boa parte da traxectoria vital de Hildegart. O representante da entidade agradeceu pola súa parte a colaboración do Concello naronés na difusión do traballo do Ateneo Ferrolán e entregou á alcaldesa cinco exemplares do libro de “Actas do Congreso do centenario de Hildegart”, que quedarán na Biblioteca municipal.
Esta tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, terá lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros a mesa redonda Coidando a coidadora. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, será a encargada de presentar esta cita, na que intervirán médicas e enfermeiras do Servizo Galego de Saúde, así como a psicóloga que dirixe o obradoiro municipal Coidando a coidadora. O obxectivo desta convocatoria, enmarcada no programa de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, é dar a coñecer os recursos dos que dispón o Consistorio para atender tanto a persoas dependentes como a aquelas que exercen o rol de coidadoras.
A homenaxe institucional ás Mulleres do Ano de Narón 2018 que terá lugar o 7 de marzo no Concello –ás 12.30 horas-; o Festival Singular En Feminino, con cinco monólogos que se representarán no Pazo da Cultura e no Auditorio municipal do 8 ao 17 deste mes, e a Cea Baile das Mulleres, o 16 de marzo –ás 21.30 horas- no restaurante A Grella dos Avós, completan a programación do 8-M. Os tickets para poder asistir a esta cea poden adquirirse xa no citado establecemento hostaleiro, localizado na parroquia de Sedes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal