Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ESCOLARES DO CEIP A GÁNDARA VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
ESCOLARES DO CEIP A GÁNDARA VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A iniciativa, impulsada a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, permite aos escolares coñecer algunhas dependencias municipais e parte do funcionamento da administración local
Narón, 6 de marzo de 2018. Un grupo de vinte e cinco nenas e nenos do CEIP A Gándara visitou esta mañá o Concello de Narón. Os menores, de quinto curso de Primaria, participaron no programa de visitas guiadas impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal para dar a coñecer aos escolares algunhas dependencias municipais, así como unha parte do funcionamento da administración local. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ao grupo de rapazas e rapaces no salón de plenos, donde lle formularon varias preguntas.
Os menores viron tamén no salón de plenos o vídeo Nara de Narón, donde unha abella chamada Nara vai realizando un percorrido pola cidade, da que procede o seu nome. Antes de comezar a preguntarlle á alcaldesa pola súa experiencia, leron unha biografía súa que prepararan previamente no colexio para, a continuación, interesarse por temas da administración local e outros como a folga do vindeiro 8 de Marzo, e incluso para plantexarlle unha serie de suxerencias das que tomou nota a rexedora local. Os menores recibiron como agasallo unha gorra e un bolígrafo do Concello.
A vindeira visita do programa terá lugar o vindeiro martes, 13 de marzo, cando está previsto que acuda ao Concello outro grupo de vinte e cinco nenas e nenos de quinto curso de educación Primaria do colexio da Gándara.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal