Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A "VII EXPOSICIÓN CANINA" DE NARÓN
O sábado pola tarde haberá exhibicións caninas e concurso de mascotas e na xornada do domingo, pola mañá e pola tarde, unha exposición nacional canina puntuable para o campionato autonómico
Narón, 9 de marzo de 2016. O recinto feiral do Trece, en Sedes, acollerá esta fin de semana, o sábado e o domingo, unha nova edición, a sétima, da “Exposición Canina”, organizada polo Concello de Narón e a Sociedade Cinolóxica Galega. Así o anunciou a concelleira de Feiras, Mar Gómez, que xunto co presidente da Sociedade Cinolóxica Galega, Javier Davila, animou a participar nesta convocatoria, inscribíndose nos actos programados ou como espectador dos mesmos. Na xornada de mañá sábado, a partir das 17.00 horas, está prevista a celebración dunha exhibición canina e tamén terá lugar durante a tarde un concurso de mascotas, para o que é precisa inscrición previa. Haberá premios para as categorías Miss, Míster, King Kong e Pitufín, tal e como apuntou Davila. A maiores, tanto mañá como o domingo, convocáronse recoñecementos de raza, para que todas as persoas con cans interesadas en que obteñan o pedegree poidan tramitalo. O domingo a exposición abrirá ás 11.00 horas, ata as 14.00 e pola tarde de 16.30 a 18.00. Unha hora antes da apertura –sobre as 10.00- os responsables da organización estarán no recinto do Trece para abrir o prazo de inscrición na exposición nacional canina, proba puntuable para o campionato autonómico e na que participarán cans con pedegree. A concelleira de Feiras asegurou que “esta exposición canina é na actualidade todo un referente na zona, ao reunir neste municipio a persoas que, chegadas tamén doutras localidades galegas principalmente, participan cos seus cans neste tipo de exhibicións e certames”. Mar Gómez valorou ademais a oportunidade que ofrece este evento para que todos aqueles animais que non teñan pedegree poidan obtelo a través dos trámites que se realizarán nun espazo habilitado esta fin de semana no recinto feiral do Trece, donde se celebrará esta sétima edición da Exposición Canina de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal