Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INAUGURADA NO PAZO A EXPOSICIÓN "O QUE O OLLO SENTE", DO ARTISTA MANUEL PATINHA
INAUGURADA NO PAZO A EXPOSICIÓN
As dezaséis imaxes que compoñen esta mostra poderán verse ata o 26 de marzo no Pazo da Cultura
Narón, 12 de marzo de 2018. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a edil de Cultura, María del Carmen Espada, participaron no Pazo da Cultura, na inauguración da exposición “O que o ollo sente”. A mostra, impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación Sociocultural ASCM, consta dun total de dezanove imaxes do artista luso Manuel Patinha e aborda a temática da muller e a discapacidade. Ao acto acudiron tamén representantes da ASCM, entre eles a súa presidenta, Paula Gárate, e o presidente de honra, Ángel Gárate, así como o autor das imaxes, Manuel Patinha.
As fotografías poderán verse ata o vindeiro 26 de marzo no Pazo e con esta mostra o artista luso aposta por amosar a realidade de persoas con diversidade funcional e sensibilizar á poboación sobre a discapacidade, facendo reflexionar sobre esta temática ás persoas que vexan as imaxes. Nesa liña se incide desde a organización, que aposta precisamente por visibilizar a discapacidade e loitar contra os estereotipos co fin de acadar a plena inclusión das persoas con diversidade funcional.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal