Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO SUSPENDERÁ AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE DEBIDO A UNHA NOVA ALERTA LARANXA POR VENTO
O CONCELLO SUSPENDERÁ AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE DEBIDO A UNHA NOVA ALERTA LARANXA POR VENTO
A alerta manterase activa o mércores día 14, entre as 00.00 e as 15.00 horas, tal e como indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 13 de marzo de 2018. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que o Concello suspenderá as actividades ao aire libre e pechará as instalacións municipais localizadas ao aire libre desde as 00.00 ata as 15.00 horas de mañá mércores. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso por ventos con refachos que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectará á provincia da Coruña e tamén ás de Lugo, Ourense e Pontevedra. Así mesmo, hai un aviso amarelo por chuvia que tamén afectará ás catro provincias.
O titular de autorizacións municipais para as instalacións temporais deberá adoptar as medidas de seguridade oportunas para evitar posibles accidentes. Ante estes avisos da Aemet desde o Speis de Narón recordáronse as recomendacións habituais neste tipo de situacións, como evitar as actividades no exterior (parques, xardíns, etc.) e os desprazamentos. Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, ou obxectos que se poidan desprazar co vento, así como retirar elementos susceptibles de caer de fiestras, balcóns e tellados, forman tamén parte das recomendacións á cidadanía.
Desde o Concello solicitouse unha vez máis á veciñanza a máxima precaución e colaboración para evitar posibles accidentes mentres permaneza activa esta alerta.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal