Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA MUNDIAL DA AUGA CON TEATRO E UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO TANQUE DE TORMENTAS DA GÁNDARA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, e a xerente do Centro Comercial Odeón, Cristina Imaz, presentaron o acto programado en Odeón para o día 17 de marzo, se ben o Concello e Acuaes organizan visitas ao tanque de tormentas Inxerto 2 o propio 22 de marzo
Narón, 14 de marzo de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, e a xerente do Centro Comercial Dolce Vita Odeón, Cristina Imaz, presentaron esta mañá no Concello os actos cos que se conmemorará na cidade o Día Mundial da Auga. A maiores dos programados en Odeón o día 17, o goberno local organizará outra convocatoria con Acuaes para o propio 22 de marzo, que consistirá en xornadas de portas abertas ao tanque de tormentas do Río Inxerto 2 (A Gándara) e para as que será preciso inscribirse previamente, tal e como indicou o edil de Servizos. No Centro Comercial Odeón a actividade programada terá lugar este sábado, día 17, a partir das 19.00 horas. Alí as nenas e nenos poderán ver a obra Científicos Chiflados, de “Ciencia Divertida”, coa que os menores aprenderán a importancia da ciencia, que é máis poderosa que a maxia, a través dunha serie de experimentos que realizarán os Científicos Chiflados. Eles encargaranse de guiar aos asistentes polo bosque secreto do Mago Merlín, e irán superando unha serie de probas axudados polas nenas e nenos para conseguir cruzar o bosque valéndose da maxia. Sinais de fume, fontes de escuma, bebidas burbulleantes e outros experimentos centrarán este espectáculo, que espertará a curiosidade e imaxinación das nenas e nenos, tal e como indicou Cristina Imaz. No caso das xornadas de portas abertas no tanque de tormentas do Río Inxerto 2 programadas inicialmente para o xoves día 22 a partir das 10.00 horas, Santalla incidiu en que no caso de que se rexistren varias solicitudes poderán convocarse tamén o venres 23. As persoas interesadas en asistir deberán anotarse ata o vindeiro martes, día 20 (incluído), chamando –en horario de 8.30 a 13.30- ao número de teléfono 607 460 499, donde deberán facilitar o seu nome e un teléfono de contacto. Unha vez que se formen os grupos –cada quenda durará media hora e estará formada por un máximo de vinte persoas- comunicaráselles o día 21 o horario no que deberán persoarse no exterior das citadas instalacións. Unha vez no tanque de tormentas, persoal de Acuaes proxectará un vídeo no que se explica o funcionamento das instalacións, entregará aos asistentes información sobre o saneamento e solventará posibles dúbidas, tal e como indicaron desde Acuaes. A finalidade destas xornadas de portas abertas é que a veciñanza poida coñecer de primeira man o funcionamento dos tanques de tormentas e tamén o control que se realiza nas instalacións e os beneficios que o servizo xera no medio ambiente, ao verterse as augas depuradas á ría. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, animou á veciñanza a participar nestas actividades para conmemorar o Día Mundial da Auga. “Tanto os nenos e nenas como os adultos terán a oportunidade de participar e implicarse nunha serie de propostas coas que se incidirá especialmente na importancia de realizar un uso responsable da auga e reducir o seu consumo”, apuntou. No caso da actividade programada para o sábado en Odeón, explicou a alcaldesa, “as nenas e nenos recibirán un folleto cunhas indicación básicas para aforrar día a día auga e tamén como agasallo unha botella reutilizable da campaña NARÓN♥H2O”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal