Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A COMISIÓN POPULAR DE MARZO DE 1918 ORGANIZAN NOVOS ACTOS PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DA REVOLTA DAS PEDRADAS
A parroquia de Sedes será de novo o escenario no que se desenvolverá o 18 de marzo, en horario de mañá e tarde, a programación coa que se homenaxeará ás mulleres loitadoras e vítimas deses feitos históricos
Narón, 15 de marzo de 2018. O local social de Sedes e o campo da feira da citada parroquia acollerán este domingo, día 18, un novo acto organizado polo Concello e a Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918 para conmemorar o Centenario da Revolta das Pedradas. A convocatoria dá continuidade á programación que, con motivo desta efeméride, se iniciaba o pasado día 13 cunha homenaxe ás mulleres loitadoras e ás vítimas desta Revolta, instalando unha escultura no recinto feiral do Trece, donde unha carga policial contra a veciñanza se saldou na época con cinco persoas falecidas e varios feridos. Desde a organización animan ás veciñas e veciños de Narón e comarca a asistir aos diferentes actos programados en lembranza destes feitos acontecidos no ano 1918. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a representante do Concello na Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918, Teresa Sabio, acudirán á convocatoria, xunto con outros edís da corporación local e representantes da citada Comisión, entre eles integrantes da AVV Rosa dos Ventos, de Sedes. A programación do domingo comezará ás 11.00 horas no local social de Sedes, donde terá lugar unha charla coloquio na que abordarán esta parte da historia de Narón e comarca a profesora Ana Pérez, o exdeputado nacionalista Francisco Rodríguez, o historiador Joám Lopes e a presidenta da Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918, Lidia Romero. A continuación, sobre as 13.00 horas dará comezo un recital poético a cargo do colectivo poético Moraima e ao remate do mesmo terá lugar un xantar popular no restaurante A Trasanquesa, en Sedes. Os actos continuarán pola tarde, a partir das 16.30 horas, cun Taller de memoria no local social de Sedes, e a partir das 17.30 o campo da feira da citada parroquia acollerá unha actuación musical a cargo do musicólogo e político nacionalista Mini Rivas. Será precisamente nesta última ubicación donde ás 18.00 horas se leve a cabo unha ofrenda floral no monumento en lembranza da Revolta.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal