Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E A EDIL DE IGUALDADE VISITARON AS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO
Marián Ferreiro e Teresa Sabio coñeceron os proxectos nos que traballa actualmente a entidade, entre eles unha vivenda de promoción de vida autónoma e familiar
Narón, 16 de marzo de 2018. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, desprazáronse esta mañá ás instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, na parroquia do Val, para coñecer de primeira man os proxectos nos que traballa a entidade. A presidenta e a xerente das instalacións, Concepción Lage e Rocío Coira, respectivamente, recibiron ás representantes do goberno local para explicarlles as diferentes iniciativas nas que está inmersa e tamén as acompañaron nun percorrido polo centro Un dos últimos proxectos impulsados pola entidade é o da construcción dunha vivenda de promoción de vida autónoma e familiar. Trátase dunha edificación de 130 metros cadrados de superficie que se ubicará nas inmediacións das actuais instalacións da asociación, no Val, e que contará con seis prazas para vivenda tutelada e dúas de respiro familiar, tal e como explicou Rocío Coira. Ao tratarse dunha vivenda modulada, indicou, ofrece a posibilidade de, en sucesivas fases, ir completando as instalacións con novos servizos. A Fundación tutelar Chamorro, o proxecto para o desenvolvemento da autonomía a través de vivendas de inclusión, un anteproxecto de centro residencial (xa presentado á Xunta) e outro para o desenvolvemento da autonomía a través da inserción laboral foron tamén outros dos traballos sobre os que falaron as representantes da asociación con Ferreiro e Sabio. Persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento son as destinatarias destes proxectos impulsados desde Nuestra Señora de Chamorro. A alcaldesa recordou que o Concello mantén ao longo do ano diversas colaboracións coa entidade a través de diferentes áreas, como por exemplo a de Novas Tecnoloxías, desde donde se impulsou a iniciativa Innova Narón, premiada pola Amtega, e tamén colabora económicamente a través dun convenio anual de 12.000 euros. “Esta asociación leva máis de medio século facilitando a vida ás persoas con discapacidade intelectual, axudándolles a ser autonómas na súa vida persoal e tamén laboral, o que é fundamental para erradicar unha serie de barreiras que lamentablemente aínda hoxe existen”, indicou Marián Ferreiro. A edil de Igualdade aludiu tamén ao proxecto Fadas, sobre educación afectivo-sexual, que contou co respaldo do Consistorio naronés, e destacou o feito de que desde a entidade se faga sempre especial fincapé en “traballar en áreas de igualdade dun xeito transversal”. Finalmente, Ferreiro e Sabio felicitaron ás representantes da asociación polo traballo que realizan e comprometeron o apoio da administración local naqueles proxectos nos que sexa posible.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal