Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CUARTETO MUSICAL "DE VACAS" ACTUARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
A cita será a partir das 20.00 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 20 de marzo de 2018. O cuarteto musical De Vacas, integrado polas voces de Faia Díaz, Paula Romero e Inés Salvado e o músico Guillerme Fernández –que traballou con recoñecidos grupos como Berrogüetto- actuará este sábado, día 24, no Pazo da Cultura de Narón. O concerto dará comezo ás 20.00 horas e as últimas entradas poden adquirirse aínda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). No ano 2015 comezaron a súa andaina musical, cunha traxectoria ascendente forxada tras versionar cancións de consolidados artistas do panorama musical tanto nacional como internacional. Das Spice Girls, Luis Fonsi ou Enrique Iglesias proceden algúns dos temas adaptados por De Vacas. O público poderá desfrutar este sábado en Narón cun repertorio variado de temas recuperados nun formato fresco e divertido durante un concerto no que se anuncian emocións e risas a partes iguais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal