Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS REXISTRARON PRETO DE DUASCENTAS SOLICITUDES DE PRAZA PARA O CURSO 2018-2019
AS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS REXISTRARON PRETO DE DUASCENTAS SOLICITUDES DE PRAZA PARA O CURSO 2018-2019
Os datos do listado provisional de admitidas/os coñeceranse a principios de xuño, cando se realice a distribución dos menores atendendo ao horario solicitado, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 26 de marzo de 2018. As tres garderías municipais rexistraron un total de 186 solicitudes de praza para o curso 2018-2019. Así o indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que explicou que a maior demanda se rexistrou para a escola infantil da Gándara e para nenas e nenos de 1 a 2 anos e de 2 a 3. “Trátase duns datos que polo momento son provisionais, xa que agora procederase a distribuír, según os turnos solicitados, de mañá, tarde ou xornada completa, aos menores, co que o listado provisional da ocupación das tres escolas infantís municipais coñecerase na primeira semana do mes de xuño”, apuntou Taibo. Unha vez que estea rematado exporase ao público dez días e a continuación procederase a coñecer a situación definitiva respecto ao nivel de ocupación de cada un dos centros, explicou.
En canto ás prazas ofertadas para bebés de 0 a 1 anos, contabilizáronse un total de 19 solicitudes, das que nove son para o centro da Solaina; sete para o de Piñeiros e tres para o da Gándara. Para o grupo de 1 a 2 anos hai un total de 86 solicitudes, das que 28 son para a gardería da Solaina; 21 para a de Piñeiros e 37 para a da Gándara e, por último no grupo de 2 a 3 anos rexistráronse 81 solicitudes: 27 para o centro da Solaina; 22 para o de Piñeiros e 32 para o da Gándara.
“En canto ás diferencias con respecto ao ano anterior, nesta ocasión solicitáronse dezaoito prazas menos para a primeira franxa de idade, de 0 a 1 anos, o mesmo número de prazas para o grupo de idade de 1 a 2 anos e un total de nove máis para os de 2 a 3 anos”, explicou Taibo.
Ao número de solicitudes novas hai que sumar as reservas que figuran xa no caso dos grupos de 1 a 2 anos e de 2 a 3, indicou a concelleira de Ensino. “No caso da gardería da Solaina tiñamos xa contabilizadas en total 48 reservas; na de Piñeiros 44 e na da Gándara outras 44”.
“A elevada demanda que ano tras ano rexistran as escolas infantís municipais vén a constatar a necesidade do esforzo inversor realizado desde o Concello para poder atender un servizo prioritario para as nosas veciñas e veciños”, asegurou Taibo.
As garderías municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara abren as súas portas de luns a venres en horario de 7.30 a 20.00.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal