Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA VINTENA DE RAPAZAS E RAPACES DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA
UNHA VINTENA DE RAPAZAS E RAPACES DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA
A edil de Igualdade, Teresa Sabio, visitou aos menores na segunda das xornadas programadas nas instalacións do CRA de Domirón e que rematarán o luns 2 de abril
Narón, 27 de marzo de 2018. Unha vintena de nenas e nenos de Narón participan no programa ConciliaEscola Semana Santa, que comezou onte e continúa hoxe, mañá, e o vindeiro luns día 2 de abril no CRA de Domirón. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, visitou esta mañá aos participantes desta edición, rapazas e rapaces de entre 4 e 12 anos.
Os menores realizan ao longo da mañá, entre as 7.30 e as 14.00 horas, en función do horario elixido, numerosas actividades, con algúns descansos para almorzar e tomar un aperitivo a media mañá. Estes días ultiman uns ovos de Pascua elaborados con globos, papel e cola que están a piques de decorar e tamén adican parte do tempo a xogar no patio cuberto, preparar coreografías… Esta mañá mesmo tiveron a ocasión de celebrar o cumpreanos de Isabel, unha das nenas que participa no programa.
A edil de Igualdade aproveitou a súa visita para conversar cos rapaces e rapazas, xogar un pouco ao fútbol cun grupo deles e incluso participar no cumpreanos da homenaxeada, que repartiu tarta entre as súas compañeiras e compañeiros. “Esta actividade é unha magnífica oportunidade para axudar ás familias á hora de conciliar a súa vida laboral e persoal nestes días nos que os seus fillos e fillas non teñen escola”, asegurou Sabio. A concelleira naronesa garantiu a continuidade deste programa na cidade “que ano tras ano ten un gran éxito de acollida entre as naronesas e os naroneses”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal