Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINOU O ANO PASADO PRETO DE 142.000 EUROS A AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL E BONIFICACIÓN DE SERVIZOS Á CIDADANÍA
O CONCELLO DESTINOU O ANO PASADO PRETO DE 142.000 EUROS A AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL E BONIFICACIÓN DE SERVIZOS Á CIDADANÍA
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recalcou o compromiso do goberno local con todas aquelas persoas que non poidan asumir o pago de recursos e servizos básicos
Narón, 31 de marzo de 2018. O Concello de Narón destinou o ano pasado a axudas de emerxencia social e á bonificación de servizos ás familias con escasos recursos económicos unha partida que, en conxunto, ascendeu a 141.710 euros. Así o confirmou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que especificou que do total, a contía máis elevada se corresponde coas axudas propias de emerxencia social, cun total de 58.948 euros. “Ogallá chegue ese día no que non sexa necesario habilitar esta partida porque significaría que non é precisa porque non haberá persoas nunha situación que lles impide facer fronte a unha serie de gastos que son básicos”, apuntou Ferreiro. A rexedora local comprometeu o mantemento das mesmas “mentres sexa preciso axudar a calquera veciña ou veciño que, pola razón que sexa, estea atravesando unha complicada etapa derivada da precariedade da súa situación económica”.
En canto ao número de familias que demandaron estas axudas, a concelleira de Acción Social, Catalina García, especificou que foron 155 familias as que pediron as de emerxencia social tramitadas desde o Servizo Sociocomunitario Municipal (en ocasións para o pago de alugueiros, gastos sanitarios e facturas eléctricas); 40 as de alimentación infantil -4.129 euros-; 153 as de material escolar – 16.154 euros- e 20 as de comedor escolar -5.154 euros- . “Nalgúns casos hai que ter en conta que a situación económica é tan precaria e complicada que as familias teñen que solicitar varias axudas”, apuntou a concelleira de Acción Social.
Tamén o ano pasado se contabilizaron un total de 173 vivendas que se acolleron ás bonificacións da empresa Cosma -servizo de abastecemento e saneamento no termo municipal- para pagar facturas, ascendendo a 19.825 euros o importe total das axudas concedidas, indicou Catalina García.
A edil de Acción Social recordou que ademais, “o Concello asina anualmente convenios con diferentes entidades que prestan a súa colaboración a este colectivo, como Cáritas, Dignidad e o propio Centro de Recursos Solidarios de Narón, desde donde se atende aproximadamente a un milleiro de persoas de Narón e comarca”. En canto ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, o Concello aportou en 2017 un total de 13.500 euros para renovar o convenio en vigor; no caso de Cáritas a achega municipal foi de 15.000 euros e no de Dignidad de 9.000 euros.
“Desde o goberno local continuaremos traballando para tratar de paliar e, na medida do posible, previr e loitar contra todas aquelas situacións que poidan derivar na exclusión social de calquera persoa, e neste caso concreto daquelas que non poden asumir o pago de recursos e servizos que son básicos para a subsistencia das persoas”, recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal