Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CULTURAL MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA ORGANIZAN VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR A PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA
As actividades programadas desenvolveranse o 10 de abril no Pazo da Cultura e o 14 nos cemiterios de O Val, San Mateo e nas inmediacións da árbore de Gernika plantada fronte ao Pazo
Narón, 4 de abril de 2018. O Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática organizaron varios actos para conmemorar o aniversario da proclamación da II República -14 de abril de 1931-. A primeira das convocatorias será o martes da vindeira semana, día 10, e consistirá nunha charla-coloquio sobre a “Unión de soldados demócratas na Transición”. A cita terá lugar nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura, a partir das 20.00 horas, e contará coa intervención de José Luis Vergara Rey e Manuel Bellón Vilela, exintegrantes da Unión Democrática de Soldados. Así mesmo, na xornada do 14 de abril convocouse unha ofrenda floral para homenaxear aos represaliados da ditadura, que se levará a cabo a partir das 12.00 horas nos cemiterios do Val e San Mateo e fronte ao Pazo da Cultura, xunto á arbore de Gernika, símbolo da liberdade e da paz. Estes eventos convocados na cidade son abertos á participación da cidadanía en xeral, tal e como recordaron desde a organización.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal