Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE ACCIÓN SOCIAL PARTICIPARON NA INAUGURACIÓN DA MOSTRA "20 ANOS A FONDO COA SOLIDARIEDADE" NO IES TERRA DE TRASANCOS
A ALCALDESA E A EDIL DE ACCIÓN SOCIAL PARTICIPARON NA INAUGURACIÓN DA MOSTRA
O Concello de Narón forma parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que realizou os cinco paneis desta exposición que permanecerá no IES Terra de Trasancos ata finais de abril
Narón, 5 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Acción Social, Catalina García, participaron no acto inaugural da exposición 20 Anos a Fondo coa Solidariedade, que tivo lugar no IES Terra de Trasancos. Acompañadas polo director do IES, Ricardo Llanos e por persoal docente, da ANPA do centro e alumnado, as representantes do goberno local subliñaron a labor desenvolvida a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, do que forma parte o Concello de Narón. A mostra inaugurada hoxe poderá verse todo este mes no IES Terra de Trasancos, donde unha parte do alumnado traballa con ela no marco das súas actividades da área de educación para o desenvolvemento.
A exposición consta dun total de cinco paneis, en cuxas caras se divulga unha parte da labor realizada polo Fondo Galego a través de administracións locais como a de Narón, comprometida coa solidariedade internacional, e doutras entidades. Pepe Carreiro –autor dos coñecidos Bolechas- é o deseñador deste traballo, cun formato moi visual e atractivo para a cidadanía en xeral, se ben os contidos realizounos a secretaría técnica do Fondo Galego, tal e como se indicou no transcurso do acto. A orixe do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, os proxectos de cooperación e desenvolvemento impulsados nas últimas dúas décadas a través deste organismo; as actividades de concienciación cidadá realizadas e programas de voluntariado; o organigrama do Fondo e o mapa das deputacións e concellos socios son as liñas sobre as que se estruturan os cinco cubos que compoñen esta mostra.
O obxectivo desta exposición é “dar a coñecer a contribución de deputacións e concellos á erradicación das desigualdades Norte-Sur, ao tempo que fomentar unha opinión pública favorable á cooperación para o desenvolvemento”, tal e como apuntou Catalina García.
A alcaldesa e a edil de Acción Social recalcaron ante o alumnado a importancia da solidariedade no día a día das persoas e animárono a difundir o traballo realizado desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Este organismo está integrado por 93 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Fundouse no ano 1997 e desde entón desenvolveu máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promoveu numerosas actividades e relacionadas cos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou o ano pasado o seu vixésimo aniversario.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal