Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A "IX FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
A
Preto de medio cento de expositores participarán nesta convocatoria, tal e como indicou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez
Narón, 9 de abril de 2018. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá esta fin de semana, os días 14 e 15, a novena edición da Feira Multisectorial Agrícola. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou o evento, con gran tradición xa no municipio e na comarca, e no que participarán preto de medio cento de expositores.
O recinto feiral abrirá as súas portas en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00, e durante as dúas xornadas poderanse ver e adquirir unha gran variedade de produtos. Ademais das últimas novidades en maquinaria agrícola –con demostracións do funcionamento dalgunha-, de xardinería e forestal, as persoas que se acheguen esta fin de semana á Feira Multisectorial Agrícola poderán tamén ver e comprar árbores frutais e ornamentais, aves de curral e moitos outros produtos relacionados co sector agrícola, tal e como apuntou Gómez.
Na xornada do sábado, entre as 16.30 e as 19.30 haberá no recinto un stand informativo de Ecoembes e a Xunta sobre a campaña “Separar con xeito para reciclar a feito!”, donde se explicará como separar ben os residuos e se incidirá na importancia da reciclaxe.
“A maiores do apartado expositor, tanto o sábado como o domingo haberá obradoiros infantís, unha actividade de balde na que queremos implicar ás nenas e nenos e explicarlles como realizar algunhas plantacións”, avanzou a edil naronesa. Un grupo de monitores encargarase de ensinarlles aos menores como plantar diferentes especies, que recollerán dun horto habilitado no recinto feiral. Unha vez realizado o traballo as nenas e nenos poderán levar as plantas para a súa casa.
Así mesmo, na xornada do domingo un profesional da poda encargarase de explicar ás persoas interesadas como realizar este tipo de tarefas, e tamén se lles indicarán as mellores épocas do ano para facelo, en función das especies.
No momento en que se acceda ao recinto feiral do Trece os visitantes recibirán unha rifa, coa que participarán nalgún dos oito sorteos –catro por día- que se celebrarán durante a fin de semana. Poderán gañar produtos que están á venda na feira, como árbores, hortalizas, plantas ornamentais…
A concelleira naronesa animou ás veciñas e veciños de Narón e comarca a visitar esta fin de semana a “IX Feira Multisectorial Agrícola” no Trece, donde tamén haberá unha sesión vermú tanto o sábado como o domingo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal