Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO REUNIUSE CO ALCALDE DE VALDOVIÑO, ALBERTO GONZÁLEZ, PARA ESTUDAR POSIBLES COLABORACIÓNS ENTRE AMBOS MUNICIPIOS
Os rexedores de Narón e Valdoviño abordaron diferentes actuacións pendentes en materia tanto de servizos como de infraestruturas e valoraron o resultado do encontro mantido no Consistorio naronés
Narón, 9 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse esta mañá co seu homónimo de Valdoviño, Alberto González, co fin de analizar a viabilidade de que ambos concellos asinen un convenio de colaboración no que se recolla a posibilidade de que algunhas vivendas do termo municipal valdoviñés vertan a colectores localizados en Narón. Así o explicou a rexedora local da cidade, que valorou a boa disposición de González para tratar de chegar a un acordo “que sería vantaxoso tanto para ambos Concellos como para as nosas veciñas e veciños”, asegurou. Pola súa banda, Alberto González tamén valorou moi positivamente unha xuntanza “que permitirá sen dúbida impulsar servizos en beneficio da veciñanza de ambos concellos”. Para Valdoviño é unha prioridade o traballo conxunto, e nesta liña comprometeu todos os seus esforzos. O encontro abre a porta, tal e como apuntou Ferreiro, “a outras posibles colaboracións futuras entre os dous consistorios á hora de proxectar novas actuacións relativas aos servizos tanto de saneamento como de abastecemento e tamén na área de infraestruturas”. No caso de fructificar ese acordo, pendente de aprobar, “poderiamos optimizar as obras que se realicen no límite dos dous Concellos, tanto a nivel técnico como económico. Isto repercutiría nun aforro no momento da execución das obras e tamén na súa xestión, e facilitaría un acceso a estes servizos a un maior número de veciñas e veciños, ao aproveitar as infraestruturas existentes e proxectadas en ambos concellos”. No transcurso da xuntanza tamén se abordaron outros temas como a posible ampliación da estrada provincial que enlaza Meirás con Castro, donde hai previstas intervencións tanto do concello de Narón, en materia de saneamento e abastecemento, como da Deputación da Coruña, titular esta última do citado vial. O terceiro asunto abordado hoxe foi o da superficie que ambos concellos comparten a súa titularidade na zona de As Boeiras, un área de preto dun millón e medio de metros cadrados e con usos pendentes de definir. Á reunión celebrada no despacho da alcaldesa de Narón asistiron tamén o concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, os edís de Obras e Servizos e de Planificación Territorial de Valdoviño, Benito Manuel Vega e Sergio Saavedra, respectivamente, así como persoal técnico de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal