Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A DELEGACIÓN EN FERROLTERRA DE AGA ORGANIZAN TRES CURSOS DE APICULTURA
O CONCELLO E A DELEGACIÓN EN FERROLTERRA DE AGA ORGANIZAN TRES CURSOS DE APICULTURA
As sesións son de balde para as persoas empadroadas en Narón e os socios de AGA e impartiranse no local social de Sedes e no Colmear didáctico do Concello, tal e como explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico
Narón, 11 de abril de 2018. O Concello de Narón e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan tres obradoiros na cidade, de balde para as veciñas e veciños empadroados en Narón e para os socios de AGA, se ben o resto de persoas terán que pagar unha cuota. Así o indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, que animou á xente interesada na apicultura en inscribirse nas diferentes propostas ofertadas e que se desenvolverán nas vindeiras semanas.
Entre as posibilidades están un curso convocado o inicio para o 21 de abril, ás 10.00 horas no local social de Sedes. Será sobre Reproducción apícola básica e impartirase durante dúas xornadas. Os profesionais de AGA explicarán nas sesións unha serie de cuestións teóricas e prácticas sobre a cría e selección das raíñas, para mellorar a xenética das abellas, e outras como a enxamía natural, reproducción controlada, tipos de multiplicación de colmeas… A parte práctica deste curso terá lugar nas instalacións do Colmear didáctico do Concello.
A vindeira proposta é un obradoiro de Elaboración de xabróns do apicultor, que se impartirá o vindeiro 26 de abril a partir das 18.00 horas nas instalacións do local social de Sedes. Persoal de AGA explicará aos participantes como elaborar xabróns naturais utilizando ingredientes vexetais, neste caso, produtos da colmea, así como os beneficios da súa utilización.
O 5 de maio dará comezo un obradoiro de Técnicas de apicultura natural sostible, a partir das 10.00 no local da AVV de Sedes a parte teórica e no Colmear didáctico de Narón a práctica. As persoas que asistan coñecerán polo miúdo as costumes das abellas, a súa saúde e a comercialización de produtos apícolas, para saber como levar de xeito natural un colmear familiar. O respecto ás abellas e o importante traballo medioambiental que realizan son, tal e como apuntaron desde AGA, as pautas que marcarán a filosofía deste curso. Neste caso terá unha duración de 80 horas -35 de teoría e 45 de prácticas-.
As persoas interesadas en anotarse ou recibir máis información ao respecto poden facelo a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com.
O edil de Medio Ambiente animou á veciñanza de Narón a anotarse nestes cursos “cos que coñecerán mellor o mundo das abellas, os recursos necesarios para o seu coidado e tamén aprenderán a elaborar produtos naturais, atendendo sempre ás premisas do coidado e o respecto ao medio ambiente”, apuntou Dopico.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal