Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ASOCIACIÓN TEATRAL NARONESA O ATURUXO DE MELPÓMENE ESTREA "ALGO PASA CON PACO"
A ASOCIACIÓN TEATRAL NARONESA O ATURUXO DE MELPÓMENE ESTREA
A representación desta obra teatral, na que colabora o Padroado da Cultura de Narón, terá lugar o 13 de abril no Auditorio municipal e a entrada é de balde
Narón, 12 de abril de 2018. O grupo Sangue de dragón, da asociación teatral naronesa O Aturuxo de Melpómene estreará mañá no Auditorio municipal, ás 20.30 horas, a obra Algo pasa con Paco, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño. A peza ten unha duración de preto de hora e media e está recomendada para persoas maiores de 12 anos. As entradas son de balde e poden recollerse, ata completar o aforo do Auditorio, na billeteira do Pazo. O Padroado da Cultura, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Teatro colaboran neste espectáculo.
Paco Checo é o protagonista desta obra teatral. El é un cabaleiro errante, dos de antes, dos que saen na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, porque cre que posúe un gran valor, aínda que xa coñeceu tempos mellores, tal e como indicaron desde O Aturuxo de Melpómene. As malvadas forzas raptan á princesa do pobo, e Paco e o seu escudeiro Xaime saen na súa procura. A maxia e os entortos sucederanse ao longo deste espectáculo teatral, no que o protagonista aprenderá que a vida non só é branca ou negra, senón que está chea de cores.
Coincidindo coa estrea estarán presentes alumnas e alumnos dunha escola de maquillaxe que realizarán prácticas de caracterización coas actrices e actores que forman o elenco desta obra: Adelaida Abad, Carmen Caeiro, Chani Hernández, Alejandro Martín, Frankie Muíño e Benie Suárez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal