Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 450 MAIORES PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL ENVELLECEMENTO ACTIVO
MÁIS DE 450 MAIORES PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL ENVELLECEMENTO ACTIVO
Este ano convocáronse un total de corenta e seis obradoiros que se imparten desde o pasado mes de setembro nos centros municipais de maiores e locais sociais da zona urbana e rural, tal e como explicou a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio
Narón, 12 de abril de 2018. Un total de 452 persoas maiores de Narón participan desde o pasado mes de setembro nalgún dos corenta e seis obradoiros programados polo Concello de Narón a través do programa de Envellecemento Activo. A edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, destacou o feito de que “ano tras ano estas propostas convócanse tanto nos centros comunitarios municipais como nos cívicos sociais da zona urbana e rural, ofrecendo así á nosa veciñanza unha alternativa saudable baseada tanto na práctica de deportes como noutras actividades culturais, musicais…”.
A concelleira naronesa recordou que entre as propostas da área deportiva se atopan modalidades como Ximnasia rehabilitadora ou Ioga, se ben tamén se imparten sesións de Memoria, Apoio á informática, Labores, Cursos de comunicación e de Lectura e escritura, Canto coral e Cancións de animación. “En función da modalidade elixida as sesións son dunha hora ou hora e media de duración e os participantes teñen que aboar unha taxa recollida na pertinente ordenanza que é de 8,15 euros ao mes”.
As actividades do programa municipal de Envellecemento Activo continuarán impartíndose ata o 29 de xuño. Desde o Concello ofrecéronse, como cada ano, tanto ao Centro Municipal de Maiores das Vivendas da Mariña como ao Centro Integrado Sociocomunitario Interxeracional Manuela Pérez Sequeiros e, a maiores, aos locais sociais de Virxe do Mar, San Mateo, Piñeiros, O Alto, Freixeiro, Pedroso, Doso, Xuvia, A Solaina, Sedes, Ferrerías, San Xiao, Castro e ao Fogar de Maiores da Cooperativa do Val.
“Desde o Servizo Sociocomunitario Municipal deséñase esta programación, que despois se oferta nos centros de maiores e locais sociais da zona urbana e rural para que as veciñas e veciños elixan dentro desa oferta as súas preferencias de cara a impartir os diferentes cursos sempre e cando se formen grupos cun número mínimo de integrantes”, explicou Sabio.
A edil naronesa agradeceu a excelente disposición das veciñas e veciños de Narón á hora de participar nas actividades que se organizan cada ano a través do programa municipal de Envellecemento Activo. “Grazas a todas e todos eles continuamos desenvolvento estes obradoiros e moitos outros que se convocan puntualmente ao longo do ano en diferentes ubicacións da cidade, e así o seguiremos facendo mentres teñan esta gran acollida”, asegurou Sabio. A concelleira avanzou tamén que se está ultimando a programación do Encontro Interxeracional que se celebrará o vindeiro mes de xuño e co que se pechará a programación de Envellecemento Activo de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal