Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CULTURAL IMPACT ORGANIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DA "LIGA IMPACT MODERN"
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CULTURAL IMPACT ORGANIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DA
A cita desenvolverase o 14 de abril nas instalacións do local social do Alto e está prevista a asistencia duns oitenta xogadores
Narón, 13 de abril de 2018. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá mañá sábado a “Liga Impact Modern”, do xogo de cartas Magic The Gathering. O Concello de Narón e a Asociación Cultural Impact organizan unha nova edición desta convocatoria, que dará comezo ás 10.30 horas e na que se prevé acadar un récord de asistencia, cuns oitenta participantes, tal e como se indicou desde a organización.
Os xogadores que confirmaron a súa asistencia a este evento proceden de diferentes concellos galegos e tamén doutras comunidades autónomas, como Asturias ou Castela León. Haberá premios para os dezaséis mellor clasificados nas diferentes modalidades de xogo.
Os representantes da Asociación Cultural Impact, con sede en Narón, subliñaron que a Liga Impact Modern consegue reunir a un importante número de xogadores, “o que fai desta cita a de máis asistencia non só de Galicia, senón tamén da zona noroeste das grandes ligas de Modern nacionais”.
Desde o Concello de Narón animaron á veciñanza a presenciar este evento, no que participarán varios xogadores da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal