Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE INICIA A "XXXVI MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL"
A COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE INICIA A
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, anunciou que a representación da obra Patapatúm marcará o inicio deste ciclo o vindeiro domingo, día 15 de abril, no Pazo da Cultura
Narón, 13 de abril de 2018. A compañía Elefante Elegante estará este domingo, día 15, no Pazo da Cultura, para representar o espectáculo Patapatúm. A posta en escena desta obra marcará o inicio da trixésimo sexta edición da “Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” organizada polo Padroado da Cultura de Narón, e na que se enmarcan outras representacións e actividades cuxo programa se dará a coñecer proximamente, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. Esta cita co teatro xestual na cidade, dirixida a público familiar e infantil (nenas e nenos de 2 a 8 anos) dará comezo ás 18.00 horas e terá unha duración aproximada dunha hora. As entradas están á venda na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.
María Torres e Gonçalo Guerreiro dirixen este espectáculo, á vez que conforman, xunto con Agustín Bolaños, o elenco do mesmo. A compoñente plástica e musical forman parte desta divertida obra, na que se trata de facer reflexionar aos espectadores sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos. Os casos nos que con moreas de agasallos algúns pais e nais tentan en ocasións acadar a felicidade dos seus fillos e fillas e, en ocasións, suplir a falta de tempo que os proxenitores lles adican, é un dos temas que se abordarán neste espectáculo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal