Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE AUTOEMPREGO
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE AUTOEMPREGO
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que as persoas que cumpran os requisitos poderán anotarse ata o vindeiro 27 de abril
Narón, 13 de abril de 2018. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o vindeiro luns, día 16, se abrirá o prazo de inscrición nunha acción formativa de Autoemprego, do Programa Municipal de Formación. A edil naronesa recordou que esta convocatoria se dirixe a persoas desempregadas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos e explicou que as instancias están dispoñibles no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello. Unha vez cumplimentadas deben entregarse no citado Rexistro municipal (de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 no caso de facelo a través do Rexistro), establecéndose como data límite o vindeiro 27 de abril.
A acción formativa de Autoemprego diríxese a un total de quince alumnas/os e terá unha duración total de cen horas, que se impartirán no Centro Municipal de Formación (A Gándara), entre o 2 e o 31 de maio, en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres, según as previsións iniciais. Durante estas clases o alumnado aprenderá a analizar e desenvolver a súa idea de negocio. Deste xeito, os asistentes poderán deseñar o seu propio Plan de empresa, introducirse na contabilidade e xestión fiscal, no marketing online e desenvolver mellor a súa marca persoal.
As quince prazas ofertadas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, polo que a concelleira de Formación animou ás persoas interesadas en realizar este curso a anotarse o antes posible nesta convocatoria.
Así mesmo, Hermida indicou que para recibir máis información sobre esa nova acción do Programa Municipal de Formación se pode contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107) e tamén dirixirse á páxina web do Concello (http://www.naron.es/web/docs/formacion/Autoemprego.pdf).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal