Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ HOXE E MAÑÁ NO MUNICIPIO
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ HOXE E MAÑÁ NO MUNICIPIO
O vehículo estará hoxe luns pola tarde na Praza da Constitución, na Solaina, e mañá martes durante todo o día xunto ao Centro de saúde, tal e como apuntou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico
Narón, 16 de abril de 2018. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados), do Servizo Galego de Saúde, estará durante a tarde de hoxe, entre as 15.30 e as 21.00 horas, nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina. Así o indicou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, que avanzou que o vehículo estará tamén mañá nas proximidades do Centro de saúde de Narón, concretamente estacionado na rúa 25 de Xullo, entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas.
As persoas que poidan acudir a doar sangue deberán presentarse co seu DNI ou un documento a través o que se poidan identificar. Terán que ter cumpridos os 18 anos (ata 65), pesar máis de 50 quilos e no caso de ir despois de xantar, deixar que pasen alomenos dúas horas antes da extracción do sangue.
Desde Ados recordaron que son precisas cincocentas doazóns ao día para atender as necesidades sanitarias, polo que o goberno local fai un chamamento á poboación para que, no caso de que sexa posible, acuda a doar á unidade móbil que se localizará hoxe e mañá en Narón. Os interesados en recibir máis información sobre a campaña poden consultar a páxina web: https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal