Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBENO LOCAL PRESENTOU O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2018, QUE ASCENDE A 31,8 MILLÓNS DE EUROS
O GOBENO LOCAL PRESENTOU O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2018, QUE ASCENDE A 31,8 MILLÓNS DE EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de que o documento contable, que se someterá a aprobación nun pleno extraordinario o 19 de abril, incrementa en 1,2 millóns de euros os investimentos reais con respecto ao ano anterior
Narón, 16 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e o edil de Xestión Orzamentaria e portavoz do BNG, Pablo Villamar, presentaron os orzamentos municipais deste ano acompañados polos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo e PSOE, Catalina García. A rexedora local indicou que o documento contable deste ano ascende a 31.856.848 euros, o que representa, asegurou, “un incremento do 6,4% con respecto ao exercicio de 2017, que foi de 29.939.829 euros”. O documento, que se entregou aos grupos políticos antes da pasada Semana Santa, abordouse hoxe na Comisión informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas, someterase a aprobación plenaria no transcurso dun pleno extraordinario que, tal e como avanzou Ferreiro, terá lugar o vindeiro xoves ás 12.00 horas.
“Na mesma liña de anos anteriores, mantéñense conxeladas as taxas e impostos municipais, reducíndose incluso o coeficiente do IBI e contémplase unha partida de 2.803.123 para investimentos, fronte aos 1.685.772 do ano pasado, e dos que hai que destacar que unha importante contía, concretamente 2.162.240 euros se destinarán a servizos públicos básicos”, apuntou a rexedora local. Sobre esta partida Marián Ferreiro recalcou que “mantemos a liña trazada nos últimos anos, coa contención do gasto e impulsando políticas activas de carácter social, educativas, culturais e xuvenís, centrándonos na prestación e implantación de servizos públicos e de calidade”. A atención ás persoas maiores, a cultura, o deporte e os servizos continuarán sendo prioritarios para o goberno local, tal e como asegurou, que centrará as actuacións deste ano con cargo ao orzamento municipal “no incremento da ampliación da rede de saneamento; en obras de aforro enerxético en diferentes barrios da cidade, na mellora da accesibilidade en edificios e tamén do mantemento de pistas na zona rural, entre outras intervencións”.
Pola súa banda, o concelleiro de Xestión Orzamentaria destacou tamén ese incremento “de case 1,2 millóns de euros en investimentos reais con respecto ao orzamento do ano anterior e a baixada do coeficiente do IBI do 0,65 ao 0,62 tralas xestións realizadas polo Concello, se ben a cidadanía ten que ter en conta que tamén entrará en vigor o proceso de regularización catastral que levou a cabo o Ministerio de Facenda na cidade e que afectou a algúns inmobles e parcelas”.
“Medrarán este ano as partidas do capítulo de gastos de persoal e as áreas de Ensino e Bibliotecas, Deportes, Igualdade, Mocidade e Emprego e os gastos financieiros baixarán debido a considerable redución da débeda do Concello”, subliñou Villamar. En canto ás transferencias correntes, no apartado de gastos, apuntou o edil naronés, “increméntase a do Padroado da Cultura nuns 163.000 euros, a da escola infantil de Xuvia en 50.000 e a subvención a entidades de carácter social nuns 40.000 euros”.
No relativo á débeda Villamar explicou que se amortizarán uns 460.000 euros ao longo do actual exercicio. “O Concello dispón de superávit, remanente, unha boa situación en Tesourería e está previsto realizar ao longo do ano varios modificados que nos permitan usar esas partidas”, explicou o concelleiro de Xestión Orzamentaria, que avanzou ademais que “debido á excelente situación económica deste Concello, derivada da correcta e minuciosa xestión, estamos valorando a posibilidade de cancelar toda a débeda de aquí a finais de ano”.
En materia de investimentos Villamar desglosou parte dos que se levarán a cabo trala aprobación dos novos orzamentos municipais. Con cargo á esa partida destacan os 550.000 euros para ampliar a rede de abastecemento e 420.000 euros para actuacións de eficiencia enerxética en Xuvia, no Alto, Freixeiro, e tamén nalgunhas parroquias do rural, como Castro ou Pedroso, entre outras. Á mellora de camiños destinaranse uns 300.000; á reposición de pavimento de caucho nos parques irán a parar 162.000; á mellora de rúas na zona urbana 160.000 euros e no Centro de Formación realizaranse melloras de accesibilidade por un importe de 106.000 euros.
Así mesmo, explicou que tamén se prevén melloras no Pavillón da Mocidade e no campo de fútbol do Val, que en conxunto suman uns 50.000 euros; o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) disporá dun novo vehículo e máis material, valorado todo en 106.000 euros; construirase un circuíto de pump track para bicis orzamentado en 36.500 euros e continuarase mellorando a sinalización das parroquias do rural, cunha partida de 35.000 euros. “A maiores, fóra da partida específica de investimentos reais, concretamente na de transferencias de capital, contémplase outra de 500.000 euros para a construción do novo centro de saúde, unha cantidade que xa tiñamos reservada o ano pasado pero como a Xunta non encargou a redacción do proxecto, tal e como se comprometera, aínda non abonamos”, explicou.
Pola súa banda, a portavoz do PSOE na cidade, Catalina García, apuntou que “con este orzamento cúmprese co acordo de goberno que temos en Narón, dando prioridade desde o goberno local a actuacións de saneamento e accesibilidade”. A edil avanzou tamén que nos vindeiros días convocarase o Consello Xeral de Participación Cidadá, no que se dará conta dos orzamentos municipais deste ano ás veciñas e veciños que integran este organismo.
“Un ano máis continuamos apostando por un orzamento feito pensando no benestar das veciñas e veciños de Narón, en darlles os mellores servizos e amplialos nas medidas do posible, priorizando o gasto en función das necesidades das naronesas e naroneses”, subliñou a alcaldesa. Ferreiro destacou que “nos mantemos na liña trazada, de contención do gasto e priorizando as políticas de atención ás persoas”, incidindo en que “isto permítenos situarnos este ano en datos orzamentarios similares aos de épocas anteriores á crise económica e cunha importante contía de investimentos a cargo de fondos propios, concretamente de 1.645.768 euros”.
“Todo isto, sumado a unha liquidación positiva e un remanente de case once millóns de euros, permitiranos realizar importantes investimentos que espero que poidamos anunciar en breve”, asegurou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal