Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ESCOLARES DO FEAL VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
ESCOLARES DO FEAL VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro respostou ás preguntas que lle formularon as rapazas e rapaces de sexto de Primaria do colexio do Feal, maioritariamente relacionadas coa súa labor á fronte da administración local
Narón, 17 de abril de 2018. Un grupo de dezanove rapazas e rapaces de sexto curso de Primaria do colexio do Feal visitou varias dependencias do Concello. No salón de plenos recibiunos a alcaldesa, Marián Ferreiro, que tivo a oportunidade de saudar aos escolares e respostou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas coa súa labor á fronte da administración local.
Trala xuntanza coa rexedora local os escolares percorreron as instalacións do Arquivo municipal e tamén as que ten a Policía Local no Consistorio naronés. A alcaldesa agradeceulles a visita e o seu interese pola administración local. Os rapaces e rapazas levaron como agasallo unha gorra e un bolígrafo do Concello de Narón.
A convocatoria destas visitas escolares ao Consistorio está organizada polo Servizo Sociocomunitario de Narón e contempla novas visitas de alumnado de centros de ensino da cidade tanto este mes como en maio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal