Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNADO DE CENTROS PÚBLICOS DE NARÓN PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DO XXIX CERTAME INTERCENTROS
ALUMNADO DE CENTROS PÚBLICOS DE NARÓN PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DO XXIX CERTAME INTERCENTROS
Os rapaces e rapazas representan no Pazo una parte dos traballos que presesntaron a este certame impulsado desde o Concello
Narón, 18 de abril de 2018. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazouse esta mañá ao Pazo da Cultura para asistir ás primeiras postas en escena dos traballos realizados nas aulas por parte do alumnado da cidade que participou no XXIX Certame Intercentros Concello de Narón, organizado este ano polo CPI do Feal. Nenas e nenos de quinto curso de Infantil do CRA abriron esta convocatoria sobre as 10.15 horas, interpretando un poema de Rosalía de Castro, na modalidade de Canción e poesía. Ao longo da mañá pasaron polo Pazo 513 menores do CRA e dos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina, O Feal e Virxe do Mar, a primeira das quendas desta convocatoria.
No escenario representáronse tamén traballos relacionados coas áreas de Canción, Expresión oral e Teatro, nunha sucesión de intervencións que remataron pasadas as 13.00 horas e que ían presentando dous alumnos da Escola de Teatro de Narón. Así mesmo, na entrada do Pazo pódese ver estes días a mostra cos traballos de Murais e Conto ilustrado que se presentaron este ano á convocatoria.
Mañá, a partir das 10.00 horas, será o turno dos 192 alumnos e alumnas dos colexios da Gándara, Ponte de Xuvia, O Feal e Virxe do Mar que participaron nas modalidades de Canción, Teatro e Expresión oral.
Finalmente, o vindeiro 14 de maio, o Pazo acollerá o acto de peche deste certame, coa tradicional entrega de premios, tal e como apuntou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal