Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 600 ALUMNAS E ALUMNOS ULTIMAN A PRIMEIRA FASE DAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA 2018
Os escolares de nove centros da cidade participan nesta convocatoria, que culminará o 10 de maio cunha gran final que terá lugar no Pazo da Cultura
Narón, 24 de abril de 2018. Alumnado de quinto e sexto curso de educación Primaria do colexio Virxe do Mar participou esta mañá, entre as 9.15 e as 11.30 horas, nas Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria 2018, organizadas polo Concello e nas que colabora a Confederación Nacional de Autoescolas (Fundación CNAE). As sesións iniciáronse o pasado mes de xaneiro nos centros de ensino da localidade, impartíndose unhas charlas sobre catro áreas: Matemáticas, Medio Ambiente, Patrimonio e Educación Viaria. Agora a iniciativa chega ao seu fin, cunha fase de avaliación que culminará no Pazo da Cultura o día 10 de maio coa final destas Olimpíadas. A Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, impulsa esta convocatoria a través do equipo de Educación Viaria do Concello. Participan nesta proposta un total de 641 escolares dos centros Ponte de Xuvia, Ayala, O Feal, Piñeiros, Jorge Juan, Santiago Apóstol, A Gándara, Virxe do Mar e A Solaina. “Quero agradecer a colaboración e implicación do persoal destes centros educativos, así como a de todo o alumnado que participa nas Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria pola súa excelente disposición a continuar aprendendo unha materia moi importante para a nosa vida diaria”, asegurou Sánchez Fojo. Precisamente o persoal docente dos centros, do que destacaron a súa colaboración, foi o que se encargou dunha das partes deste programa, a de Matemáticas. A cargo de persoal de Urbaser foron as sesións de Medio Ambiente, e do Concello as de Patrimonio e Educación Viaria, a través do equipo de Educación Viaria do Concello e participando nestas últimas integrantes do clube local Clásicos Bikeworks. Trala parte teórica, con temario específico das catro materias e unhas fichas, o alumnado realiza unhas probas por grupos –hoxe de cinco rapaces e rapazas cada un- e unha vez puntuados, de cada aula sae un grupo que representará á clase na final que terá lugar no Pazo da Cultura. As nenas e nenos preparan minuciosamente estas probas, e así o constatan os nervos que recoñecen sentir antes de inicialas. Aínda así, en ningún momento se trata de fomentar a competitividade, xa que o premio final será para toda a clase, tal e como subliñan desde a organización. Os cuestionarios desta primeira fase rematarán esta mesma semana. Mañá “examinaranse” os alumnos e alumnas do colexio da Gándara –de quinto e sexto de Primaria- e o xoves será o turno dos do Ponte de Xuvia –tamén de quinto e sexto-. Rematadas estas probas chegará o turno da final destas Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria 2018, unha data que todas e todos esperan con ansia para obter algúns dos premios desta actividade. A maiores dos traballos teóricos os rapaces e rapazas tamén realizaron unha parte práctica, que consistiu nuns inxeniosos murais que se exporán nas instalacións da Biblioteca Municipal entre os días 7 e 11 de maio. “A temática é común para todos eles, centrándose en aspectos novidosos e que poidan aportar algo á Educación Viaria”, explicou o edil naronés. Sánchez Fojo destacou que “a través desta parte das Olimpíadas coñeceremos moi ben o enxeño das rapazas e rapaces destes centros, que amosan en todo momento un gran coñecemento nesta materia, pola que desde o goberno local continuaremos apostando”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal