Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PON EN MARCHA A PLATAFORMA MUNICIPAL VIRTUAL DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ "NARÓN PARTICIPA"
O CONCELLO PON EN MARCHA A PLATAFORMA MUNICIPAL VIRTUAL DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou esta iniciativa pioneira, que comezará a funcionar o vindeiro 2 de maio, data na que a veciñanza poderá participar directamente na toma de decisións de varios asuntos de interese cidadá
Narón, 27 de abril de 2018. O Concello de Narón reforzará a Participación Cidadá a través dunha novidosa plataforma de Participación Cidadá que permitirá participar á veciñanza dun xeito directo na toma de decisión en asuntos de interese veciñal, denominada Narón participa. Así o explicou a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, que presentou hoxe esta plataforma pioneira xunto coas concelleiras de Participación Cidadá, Catalina García, e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida. Aínda que a devandita plataforma admitirá a ubicación de diversos proxectos e actuacións tendentes á facilitar a participación e codecisión da veciñanza en diversas materias, inicialmente incorporará os procesos participativos na redacción de normas xurídicas propias, de acordo co Plan normativo do ano 2018.
A rexedora local recordou que o tripartito naronés e EU aprobaron a finais do ano pasado o Plan Normativo para o presente exercicio, unha iniciativa pioneira para facilitar ás veciñas e veciños a participación na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no Concello de Narón. “As persoas maiores de 16 anos da cidade terán a oportunidade de rexistrarse e plantexar suxerencias previas á elaboración das normas xurídicas, que se estudarán oportunamente antes de elaborar un borrador da norma que, unha vez redactado, se someterá de novo a audiencia pública”, explicou Ferreiro.
A través do Plan Normativo recóllense as propostas regulamentarias (reglamentos e ordenanzas) que está previsto aprobar en cada exercicio. Estas propostas, por imposición legal, non inclúen as ordenanzas e regulamentos municipais de carácter orzamentario ou organizativo que afecten a aspectos internos do Concello, que se continuarán aprobando polo procedemento habitual, tal e como aclarou a alcaldesa. Ferreiro avanzou que de cara ao presente exercicio está prevista a tramitación e aprobación de varias normas xurídicas, así como a modificación doutras que están actualmente en vigor. Son precisamente estas propostas, sobre as áreas de Medio Ambiente, Urbanismo, e o Servizo Sociocomunitario, sobre as que a cidadanía –persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou que acrediten a condición de interesados/as e organizacións e asociacións legalmente constituídas potencialmente afectadas- poderá implicarse activamente a través desa nova plataforma municipal, concretamente facendo uso dun novo portal que se denominará www.naronparticipa.es ou naronparticipa.gal. Pódese acceder tamén desde a web do Concello de Narón –www.naron.es- e desde o Portal de Transparencia municipal -https://naron.transparencialocal.gob.es/-, desde donde a veciñanza pode entre o 2 e o 17 de maio participar no proceso de elaboración das citadas ordenanzas.
A rexedora local explicou que no departamento de Medio Ambiente modificaranse as ordenanzas municipais reguladoras de actividades nos montes e espacios forestais e a de tenencia, defensa e protección dos animais de compañía e potencialmente perigosos, en ambos casos para adaptalos á normativa en vigor. En materia urbanística e de policía, apuntou Ferreiro, traballarase sobre a ordenanza reguladora da publicidade no Concello, elaborando neste caso unha normativa específica para regular soportes publicitarios en chan municipal ou de titularidade privada. As previsións de cara ao vindeiro ano inclúen ademais, sinalou, a aprobación dun novo regulamento para o réxime de uso interno da Biblioteca municipal e outro da Ludoteca pública municipal.
“Todas estas propostas están xa incluídas no Plan normativo anual, co que antes de proceder á redacción do texto dos proxectos de ordenanzas e regulamentos abrirase unha fase de consulta pública, durante quince días naturais, a través dese novo portal que agora se crea e presenta á cidadanía”, apuntou a alcaldesa. “Será nese momento cando se recabe a opinión tanto das veciñas e veciños a título particular, como das organizacións máis representativas ou que se consideren potencialmente afectadas polas ordenanzas ou regulamentos en cuestión”, explicou Ferreiro, que avanzou que nese momento da tramitación se ofrecerá a información e documentación precisa sobre o tema.
A continuación, recollidas as suxerencias formuladas, chegará a fase de audiencia, coa publicación a través de Alcaldía do borrador do documento redactado polos técnicos municipais nesa plataforma, na que xa aparecerán reflectidas, no caso de considerarse oportuno, as suxerencias da primeira fase. Sobre ese borrador redactado polos técnicos novamente a veciñanza poderá, durante esta fase de audiencia, realizar novas aportacións, igualmente durante un prazo de quince días naturais.
Finalmente o concello efectuará unha avaliación do actuado antes de proseguir coa tramitación habitual deste tipo de disposicións xurídicas; isto é aprobación inicial no pleno, exposición no BOP, e nova (e terceira) apertura dun período de alegacións polos interesados, sometendo finalmente as normas así elaboradas a aprobación plenaria definitiva, tal e como indicou Marián Ferreiro.
A alcaldesa destacou o feito de que a través desta plataforma municipal de Participación Cidadá directa “desde o goberno local continuarmos avanzando de cara a facilitar ás nosas veciños e veciños unha participación real en diferentes asuntos relacionados coa cidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal