Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
EXPOSTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TRABALLOS COS QUE ALUMNADO DE NOVE CENTROS ESCOLARES PARTICIPA NAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA 2018
EXPOSTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TRABALLOS COS QUE ALUMNADO DE NOVE CENTROS ESCOLARES PARTICIPA NAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA 2018
Narón, 2 de maio de 2018. As maquetas realizadas nas aulas polo alumnado de quinto e sexto curso de Primaria dos colexios de Narón que participan nas Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria 2018 organizadas polo Concello poderán verse ata o vindeiro día 11 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, na Sala de exposicións da Biblioteca municipal. Esta mesma mañá o xurado valoraba cada un dos traballos, se ben o fallo non se dará a coñecer ata o 10 de maio, no transcurso da fase final das citadas Olimpíadas.
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, formou parte do xurado xunto con José Manuel Marín, vicepresidente da Fundación CNAE; representantes do equipo de Educación Viaria do Concello, da Policía Local de Narón, da empresa Urbaser e do clube ciclista Clásico BikeWorks. Esta mesma mañá todos eles reuníronse na Biblioteca para ver os traballos do alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol, Piñeiros, Ayala, A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar e O Feal, con enxeñosas ideas para mellorar a seguridade de condutores e peatóns.
A excelente calidade dos traballos presentados, uns en forma de maquetas e outros a modo de murais ou debuxos, fixo difícil a avaliación dos mesmos. Os rapaces e rapazas coñecerán o vindeiro día 10 a puntuación obtida, que sumará puntos cos que conseguirán na fase final das Olimpíadas Escolares, que ese mesmo día se celebrará no Pazo da Cultura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal