Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA DESTACOU A APOSTA ESTRATÉXICA DE NARÓN POLA EDUCACIÓN E SEGURIDADE VIARIAS NA INAUGURACIÓN DO "2º CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIARIA CIDADE DE NARÓN"
A ALCALDESA DESTACOU A APOSTA ESTRATÉXICA DE NARÓN POLA EDUCACIÓN E SEGURIDADE VIARIAS NA INAUGURACIÓN DO
O Auditorio municipal reúne na cidade durante dous días a recoñecidos profesionais en materia de Educación e Seguridade Viaria
Narón, 3 de maio de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inaugurou oficialmente esta mañá o “2º Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria Cidade de Narón”. O Auditorio municipal acolle esta cita hoxe e mañá pola mañá e sobre a mesma Ferreiro destacou o feito de que Narón “é na actualidade un referente en educación e seguridade viaria”, aludindo ao “longo e duro traballo” realizado desde hai máis dunha década nestas áreas. A alcaldesa da cidade aludiu a iniciativas como os Circuítos de Educación Viaria, as Marchas Ciclistas Escolares, o programa Camiño Escolar Seguro, as Olimpíadas de Educación Viaria, e tamén aos recoñecementos obtidos a nivel nacional en materia de Seguridade Viaria.
“Este Congreso é xa un referente tanto a escala galega como estatal e amosa que o compromiso do noso Concello con este tema está máis vivo que nunca”, subliñou a rexedora local. Ferreiro recordou que a vindeira semana se celebrarán multitude de actos na cidade con motivo da Semana da Mobilidade e Educación Viaria e agradeceu o traballo realizado polo persoal e as empresas e clubes implicados en todas estas actividades. Tras valorar a redución nun 13% do número de accidentes na cidade no último ano, Marián Ferreiro rematou a súa intervención destacando a “aposta estratéxica de Narón pola educación e a seguridade viarias”.
O director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luis Menor, falou a continuación sobre o traballo da Academia Galega de Seguridade en materia de formación. “Vir a Narón é falar de cooperación e implicación en moitas cuestións comúns, e por isto mesmo estou hoxe satisfeito”, asegurou. Menor destacou a “enorme implicación deste Concello en Educación e Seguridade Viaria e os recoñecementos obtidos polo seu traballo”, ao tempo que tendeu a man ao municipio para que “teña un papel destacado, porque os méritos están á vista, nun grupo de traballo sobre Educación e Seguridade Viaria”.
Tras unha pequena pausa, retomouse a programación coa intervención do Fiscal de sala e coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomé Vargas, que agradeceu e valorou a implicación de Narón nesta materia. O papel das redes sociais, a cultura sobre educación, e a redución das vítimas nas estradas entre 2016 e 2017, que pasou de 1.810 a 1.200, según apuntou, foron algúns dos temas abordados por Vargas. O fiscal incidiu en que “diminúen, pero non son cifras, son seres humáns que perderon a vida, co impacto que supón para as súas familias, amigos…”. O fiscal comentou que “o noso país avanza e a clave está na educación nos colexios” e recoñeceu o esforzo do Concello organizando este Congreso porque, subliñou, “este é un paso moi importante na Seguridade Viaria en Galicia”.
A primeira das mesas, sobre “Novas Tecnoloxías aplicadas á seguridade viaria”, estivo moderada polo secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado e na mesma interviñeron o fiscal Bartolomé Vargas; o coordinador do Grupo de Investigación Facthum-lab, José Ignacio Lijarcio; o responsable de departamento ADAS/AD e Embedded Sw. no CTAG, Jose Luis Díez, e o responsable de Mobilidade e Educación Viaria de Fesvial, Fernando Minaya.
Esta tarde haberá dúas novas mesas de traballo, unha sobre “O Camiño cara a unha nova educación viaria”, a partir das 16.00 horas, e outra sobre “Permiso de condución: dereito e responsabilidade”, desde as 18.30. A primeira estará moderada polo profesor de Secundaria Constantino Fuentes e participarán como relatores José Ignacio Bermúdez, asesor psicólogo do Centro Superior de Educación Viaria da DXT; Antonio García, xefe da área Nacional de Acción Social de Fundación Mapfre; Mar Cogollos, presidenta de Aesleme, e Pedro Caneiro, do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Na segunda mesa desta tarde, que moderará o médico Carlos Piñeiro, intervirán José Miguel Báez, presidente da Fundación CNAE; Francisco Javier Molano, tenente Coronel da Garda Civil e xefe do sector de Tráfico de Galicia, e Pere Navarro, enxeñeiro industrial e exdirector da DXT.
Na última xornada deste Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria Cidade de Narón, que terá lugar mañá, a programación retomarase ás 10.00 horas, coa cuarta mesa de traballo, sobre “Smart Mobility: mobilidade en entornos urbanos”. A arquitecta urbanista Lorena Pardiñas será a encargada de moderar a mesa, na que intervirán como relatores Joan Josep Isern, responsable de Planificación e Infraestruturas do Departamento de Interior da Generalitat de Cataluña e exdirector xeral do servizo catalán de Tráfico; Javier Llamazares, economista e director xeral da Fundación Española para a Seguridade Viaria (Fesvial), e Ana Rosa Llorente, xefa do departamento de Planificación do Concello de Madrid. Entre as 11.00 e as 11.30 horas haberá un foro de debate e ao rematar abrirase un turno de preguntas previo a unha pausa.
Ás 12.10 horas comezará o relatorio de clausura, a cargo de María Isabel Viruez, axente sociocultural do Concello de Alhama (Granada), que falará sobre “Poñer en marcha unha acción dentro do programa Erasmus +”. Ao remate abrirase un turno de preguntas e sobre as 13.10 horas está prevista a clausura do Congreso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal