Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA EME2 REPRESENTA NO PAZO DA CULTURA A OBRA TEATRAL "A LEITUGA"
A COMPAÑÍA EME2 REPRESENTA NO PAZO DA CULTURA A OBRA TEATRAL
Esta fin de semana haberá dous pases, o venres ás 20.30 horas e o sábado ás 20.00, desta obra que representa a modo de comedia un conflito familiar
Narón, 4 de maio de 2018. O Pazo da Cultura acollerá esta tarde e mañá –ás 20.30 e 20.00 horas respectivamente- a representación da obra teatral A Leituga, da compañía Eme2. María Vázquez, Anonio Durán “Morris”, Federico Pérez, José Barato e Mercedes Castro forman o elenco desta peza, dirixida por Víctor Duplá.
A Leituga está protagonizada por cinco familiares, tres que son irmáns e as parellas de dous. A historia desenvólvese na casa da irmá maior, donde se reúnen para celebrar o aniversario do pai, que leva en coma nove anos. Todo comeza ben pero a medida que avanza a celebración xorden os problemas ao abordar o tema de quen se fai cargo do pai. Este conflito familiar, enfocado como unha comedia, fala de temas como a dignidade humana, o dereito á vida e á morte e a lealdade familiar, entre outros.
As entradas, á venta na billeteira do Pazo e na web do Padroado –www.padroadodecultura.es- teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados, e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal