Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ENTREGADOS OS PREMIOS DO "III CERTAME DE RELATOS CURTOS CÓNTANOS O TEU CONTO DO POBO XITANO"
ENTREGADOS OS PREMIOS DO
A Biblioteca municipal acolleu o acto, no que participaron as edís Mercedes Taibo, Catalina García e Teresa Sabio, ademais de representantes da asociación Acción Familiar Ferrol e da libraría Din&Don
Narón, 8 de maio de 2018. A Biblioteca municipal de Narón acolleu a finais da semana pasada o acto de entrega dos premios da terceira edición do “Certame de relatos curtos Cóntanos o teu conto do pobo xitano”. As concelleiras de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García; de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, participaron no acto, que contou coa implicación de 51 alumnas e alumnos de quinto e sexto curso de Primaria dos colexios do Feal, A Gándara e A Solaina. As representantes do goberno local agradeceron a colaboración destes tres centros educativos e tamén da Asociación Acción Familiar Ferrol (AFA) e da libraría Din&Don, que se sumaron a esta proposta.
O Concello e AFA organizaron un ano máis este certame, vencellado ao convenio que o Consistorio naronés mantén coa citada entidade para o desenvolvemento do programa de minorías étnicas. Os nenos e nenas leron unha vintena de relatos ante familiares e amigos na Sala infantil da Biblioteca e a continuación recibiron un diploma e, os tres mellores traballos, un agasallo que consistiu nun xogo educativo para cada un deles. O primeiro premio foi para o traballo “Sinaí o devorador de libros”, de Ismael Caamaño Lestón, do CEIP da Gándara; o segundo para Saray Lamas Figueroa, do CEIP da Solaina, por “O pobo xitano”, e o terceiro para Nora Luaces Mesías, do CPI do Feal, con “Sen diferencias”.
As representantes do goberno local destacaron no acto a importancia da igualdade entre as persoas e tamén o considerable incremento na participación neste certame, que pasou de 15 a 51 traballos. “Agradecemos a colaboración tanto dos centros educativos como dos pais e nais que animaron aos seus fillos a participar neste certame, abordando un tema tan importante como é o da igualdade e concienciándoos sobre a súa importancia”, destacaron desde o goberno local.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal