Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INAUGURADOS OS CIRCUÍTOS DE EDUCACIÓN VIARIA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DA SOLAINA E A GÁNDARA
INAUGURADOS OS CIRCUÍTOS DE EDUCACIÓN VIARIA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DA SOLAINA E A GÁNDARA
A iniciativa forma parte dos actos da programación da Semana da Mobilidade e Educación Viaria organizada polo Concello
Narón, 8 de maio de 2018. As escolas infantís municipais da Solaina e A Gándara contan desde esta mañá cun novo xogo, un Circuíto de Educación Viaria no que os menores de 2 e 3 anos se comezan a familiarizar co tema da seguridade e a educación viaria. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, e de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse esta mañá á EIM da Solaina para ver como os nenos e nenas comezaban a xogar neste circuíto, dunhas dimensións aproximadas de 2x1,60 metros (as indicadas polos responsables dos centros en función das idades dos menores). Ferreiro destacou que “esta é unha nova iniciativa que poñemos en marcha en dúas escolas infantís municipais porque desde o goberno local continuamos apostando por inculcar aos nenos e nenas destas idades unha serie de condutas relacionadas coa seguridade viaria para que se familiaricen con elas e inicien un ciclo lúdico e formativo que continuarán na segunda etapa de Infantil, xa nos propios colexios”.
O circuíto consta dun debuxo realizado con pinturas especiais no que se pode ver unha estrada, pasos de peóns, vivendas, semáforos… e os nenos e nenas xogan nel con coches de madeira (de viaxeiros, policiais, ambulancias…) e aprenden a respectar as normas de seguridade viaria. Seis menores estreárono hoxe, no patio do centro.
Esta mesma tarde, o local social do Alto do Castaño acollerá de 17.00 a 21.00 horas un Curso teórico práctico para acompañantes de transporte escolar e de menores, que impartirá persoal do Speis de Narón e aberto á asistencia do público en xeral. A maiores, a Praza da Gándara acollerá de novo o Parking Day, cun obradoiro para aprender a facer bonecos –de balde e aberto á cidadanía- entre as 18.00 e as 19.00 e unha exhibición de danzas urbanas de 19.00 a 19.40 horas.
Mañá ao longo da mañá e da tarde continuarán as patrullas en bicicleta con dous axentes da Policía Local polas rúas máis transitadas da cidade. Tamén pola mañá, entre as 8.30 e as 9.10 horas, desenvolverase a actividade Almorzo na rúa, na que participarán este ano os centros escolares da Solaina, Ayala, Virxe do Mar, A Gándara, Santiago Apóstol, Piñeiros, Jorge Juan e Ponte de Xuvia, e na que colaboran as Anpas. Os nenos e nenas que acudan ao centro escolar a pé, en bicicleta, monopatín… recibirán de balde un almorzo que se servirá na entrada ao recinto escolar. Unha peza de froita, leite con cacao –café para os adultos que os acompañen- e un boliño de pan será o menú deste almorzo. Esta mesma iniciativa aplicarase no Concello, donde se ofrerá de balde o almorzo na cafetería ás persoas que acudan ao traballo camiñando, en monopatín ou en bicicleta e, a maiores, poderán saír media hora antes do seu posto de traballo, ás 14.00 horas.
Ao longo da tarde continuará a programación, co Parking Day na Praza da Gándara. De 17.00 a 18.00 horas será o turno das clases de guitarra; entre as 18.00 e as 19.00 haberá unha sesión de pintura ao aire libre, na que poderán participar todas as persoas que o desexen –de balde- e entre as 19.00 e as 20.00 haberá unha sesión de zumba, tamén aberta á participación do público en xeral. O Pazo da Cultura acollerá tamén mañá unha das actividades da programación da Semana da Mobilidade e Educación Viaria, concretamente entre as 18.00 e as 20.00, cando terá lugar un obradoiro dirixido a mulleres embarazadas, sobre Seguridade no automóbil-Sistemas de retención infantil. Un experto nestes sistemas, Carlos Azagra e unha asesora na materia, Raquel García, serán os encargados de impartir esta convocatoria. Así mesmo, no transcurso da sesión procederase a presentar o programa colectivo Apego, un proxecto cooperativo integrado por varios concellos galegos, entre eles o de Narón, para fomentar a socialización dos menores en galego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal