Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINA 55.500 EUROS A EXECUTAR O PROXECTO DE MELLORA DE PAVIMENTOS NA RÚA CATALUÑA
O CONCELLO DESTINA 55.500 EUROS A EXECUTAR O PROXECTO DE MELLORA DE PAVIMENTOS NA RÚA CATALUÑA
O edil de Obras, Pablo Mauriz, destacou que a intervención, cun prazo de execución de dous meses, permitirá mellorar a accesibilidade na zona
Narón, 9 de maio de 2018. Un equipo de operarios traballa desde onte na reposición de pavimentos na avenida Cataluña, na Gándara. Así o anunciou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, que recordou que este proxecto parte dun convenio asinado o pasado ano cos responsables de Patron Capital e Eurofund Capital Partners –propietarios de Odeón- e no que se contemplaba a cesión ao Concello dunha superficie de 7.000 metros cadrados no exterior das citadas instalacións comerciais. Materializado este acordo o goberno local encargou un proxecto que, unha vez rematado, suporá un investimento de 55.500 euros e que permitirá mellorar a accesibilidade e o mantemento das beirarrúas desa zona.
Mauriz recordou que a rúa Cataluña se executou no ano 2002 e rexistra unha elevada densidade de tráfico rodado e un intenso tránsito peonil, co que requería unha intervención de mellora que actualmente se está realizando. A actuación, explicou, lévase a cabo no vial anexo ao Centro Comercial Odeón, nun tramo duns 400 metros –na zona central de circulación- e implica, a maiores da reposición da rodadura do vial, a ampliación da beirarrúa do xardín para facilitar o tránsito pola zona.
Os traballos de reposición de pavimentos na avenida Cataluña, avanzou o edil naronés, estarán rematados no prazo de dous meses. “Con proxectos como o que estamos a executar na zona da Gándara, desde o goberno local continuamos avanzando na mellora da accesibilidade, un área na que se contemplan importantes actuacións nos vindeiros meses, e ao mesmo tempo avanzamos no mantemento dos viais e beirarrúas do noso termo municipal”, subliñou Mauriz.
O goberno local executa tamén obras en pasos peonís da Gándara, O Alto e Santa Icía, todos eles incluídos nun proxecto que supón un investimento de aproximadamente 54.000 euros. “Con este tipo de actuacións continuamos apostando pola humanización de barrios da zona urbana da cidade e ao mesmo tempo, pola mellora da seguridade viaria”, apuntou o edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal