Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA ASISTIRON Á INAUGURACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNS DE COFER EN RÍO DO POZO
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA ASISTIRON Á INAUGURACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNS DE COFER EN RÍO DO POZO
A rexedora local, Marián Ferreiro, subliñou que o Concello está aberto a calquera iniciativa empresarial a impulsar na cidade
Narón, 11 de maio de 2018. A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) inaugurou as súas novas instalacións no Centro Arena 40, no polígono industrial de Río do Pozo. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica e Xestión de Polígonos, Pablo Villamar, acudiron ao acto, acompañando ao presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, e a unha vintena de empresarios asociados a esta entidade. Todos eles realizaron un percorrido polas instalacións desde as que comezará a operar Cofer, que representa a máis de duas mil empresas e a unha vintena de asociacións empresariais.
Dobarro agradeceu “especialmente o apoio do Concello de Narón, porque grazas á súa axuda estas instalacións son unha realidade” e asegurou que a presencia de Cofer en Narón “permitirá achegar máis as asociacións empresariais á realidade da nosa industria e das nosas empresas”. “Pola súa importancia no ámbito empresarial, o Concello de Narón estivo sempre moi presente nas actividades de Cofer e hoxe damos un paso máis para estar máis preto de todo o tecido empresarial naronés”, subliñou. Así mesmo, explicou que as instalacións hoxe inauguradas serán compatibles coas operativas en Ferrol. “As actividades ordinarias vanse alternar entre Ferrol e Narón e tamén queremos que sexa un espazo de encontro e desenvolvemento das actividades dos empresarios, sexan ou non de Narón, para que estas instalacións sexan un referente para os empresarios e empresarias e as sintan como a súa casa”.
O concelleiro de Promoción Económica deu a benvida a Cofer á cidade, asegurando que “se por algo destacou Narón, e queremos seguir mantendo ese pulso, é por esa colaboración coas entidades empresariais e cos empresarios e empresarias para que se instalen aquí”, asegurou Pablo Villamar. En referencia a esa colaboración, o edil naronés recordou que o Concello colabora tamén con outras administracións para sumar esforzos de cara a axudar ao sector, e ao respecto aludiu á recente adhesión á iniciativa autonómica Doing Bussines, que contempla importantes descontos –de ata o 95%- no IBI, ICIO e IAE para aquelas empresas que cumpran uns requisitos.
Pola súa banda, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, valorou o feito de que Cofer teña unha nova sede na cidade, neste caso no polígono industrial de Río do Pozo e destacou a importancia desta entidade e tamén a súa traxectoria no sector. “En Narón sabemos a importancia que ten o sector empresarial e somos conscientes de que hai que coidar dos nosos empresarios e empresarias, conseguir que veña máis xente para a cidade e tanto Cofer como calquera outra entidade ou iniciativa empresarial que queira vir a Narón ten abertas as portas do Concello para plantexar calquera iniciativa”.
Foi a propia alcaldesa, Marián Ferreiro, a encargada de inaugurar oficialmente as instalacións, a petición do presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, e ante a presenza de socios desta entidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal