Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DO "XV ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA"
O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira organizan esta cita musical, que terá lugar o 13 de maio a partir das 18.30 horas
Narón, 11 de maio de 2017. A décimo quinta edición do “Encontro de Bandas de Música” organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira terá lugar este domingo, día 13, no Pazo da Cultura. A partir das 18.30 horas subiranse ao escenario do Pazo, tal e como anunciou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, a Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes, a Banda de Música Municipal de Valga e a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, que pechará o certame. A edil naronesa animou á veciñanza da cidade e doutras localidades da comarca a asistir a este evento musical e recordou que as entradas se poden adquirir, a un prezo de dous euros, na billeteira do Pazo da Cultura, no seu horario de apertura habitual.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal