Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ESCRITORA ÁNXELA GRACIÁN PRESENTA NA BIBLIOTECA O LIBRO "DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO"
 A ESCRITORA ÁNXELA GRACIÁN PRESENTA NA BIBLIOTECA O LIBRO
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, acompañará á autora no acto, que terá lugar o 15 de maio a partir das 19.00 horas
Narón, 14 de maio de 2018. A sala de actos da planta do soto da Biblioteca municipal acollerá mañá martes ás 19.00 horas a presentación do libro Doce cartas a María Victoria Moreno, da recoñecida escritora e tradutora Ánxela Gracián e con ilustracións de Antonio Seijas. Ambos acudirán, xunto coa editora, Aura Rodríguez, ao acto de presentación, no que tamén estará presente a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo.
A autora da publicación fai un repaso pola vida e obra de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano con motivo do Día das Letras Galegas, que se conmemora o vindeiro xoves. Garimoso é o protagonista deste libro, un lobo que Moreno imaxinou no seu libro Mar adiante noble e bo, e que é o narrador de Doce cartas a María Victoria Moreno. Está dirixido ao público infantil, xuvenil e familiar e pódese ler tanto a través de flash backs como cronoloxicamente.
Hércules Ediciones publica este libro, no que a través das cartas se rememora a infancia de María Victoria Moreno como un paraíso perdido, as súas vivencias na mocidade e aspiracións, a súa concepción da docencia, as lecturas, a lealdade a amigos e mestres e moitos outros asuntos de interese sobre a súa intensa vida. A axilidade da narración e a imaxinación coa que se plasman os diálogos e ilustracións logran atraer ao público ao que se dirixe este libro, achegándoo ao legado da escritora María Victoria Moreno.
A concelleira de Bibliotecas animou ás veciñas e veciños a acudir a esta convocatoria, destacando a figura de María Victoria Moreno e recordando que con esta convocatoria se inician os actos programados desde o Concello con motivo do Día das Letras Galegas, que terán continuidade ao longo desta semana cunha variedade de propostas impulsadas desde o Concello tanto na Biblioteca municipal como na Praza da Lectura, en Santa Icía.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal