Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA "N DE NARÓN. A FESTA DAS LETRAS" CONMEMORA CON VARIOS ACTOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O PROGRAMA
A Praza da Lectura, en Santa Icía, acollerá as propostas organizadas desde o Concello para conmemorar esta data os días 16 e 17 de maio
Narón, 15 de maio de 2018. O Concello de Narón desenvolverá mañá e o xoves na Praza da Lectura, en Santa Icía, varios actos para conmemorar o Día das Letras Galegas a través da iniciativa “N de Narón. A Festa das Letras”. Na xornada de mañá as actividades programadas para festexar esta data, que este ano se adica á mestra e escritora María Victoria Moreno, consistirán nunha actuación de A Corral Poliafónica, do Aturuxo de Melpómene, a partir das 21.00 horas. Carlos Mosquera, Mos, dirixirá ao grupo que actuará para a ocasión, versionando temas clásicos e combinándoos na actuación con outros máis recentes. A continuación terá lugar un concerto do Cuarteto Caramuxo, centrado na música popular galega, que comezará sobre as 22.00 horas.
Na xornada do xoves día 17 haberá unha variada programación que comezará pola mañá, ás 12.00, cun concerto do músico galego Pablo Díaz ao que seguirán, xa pola tarde, o espectáculo de música tradicional de A Banda das apertas, de Magín Blanco, a partir das 17.30 e tamén desde as 18.30 horas Circanelo, de Fredy&Cía, sobre técnicas circenses.
Tanto na xornada de mañá como o propio xoves, Día das Letras Galegas, habilitarase a Praza da Lectura un espazo de lectura, no que haberá tres áreas diferenciadas. Unha delas reservarase para a Biblioteca municipal, que levará varias publicacións en galego para fomentar a lectura entre tódalas persoas que acudan aos actos programados en Santa Icía. Así mesmo, nos dous restantes as librarías locais Galicia e Day porán á venda numerosos exemplares en galego dirixidos a diferentes tipos de público.
As actividades do Día das Letras Galegas inclúen ademais un espectáculo de Caxoto, Unha viaxe mar adiante. Terá lugar o sábado 19 na Biblioteca municipal, a partir das 11.00 horas e poden asistir nenas e nenos maiores de 4 anos e as súas familias. Este espectáculo é unha homenaxe de Caxoto a María Victoria Moreno e trátase dunha actuación multidisciplinar, na que se combinan os contos coa música, o movemento… e a través do que se recorda a figura da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Para poder asistir é preciso reservar praza nas propias instalacións da Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, no horario de apertura habitual.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal