Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRETO DE CATROCENTOS ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPARON NA CLAUSURA DO "XXIX CERTAME INTERCENTROS DE NARÓN"
PRETO DE CATROCENTOS ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPARON NA CLAUSURA DO
O Pazo da Cultura acolleu a convocatoria na que se procedeu á entrega de premios deste certame e onde o colexio organizador, o CPI do Feal, pasou o testigo ao colexio de Piñeiros para convocar a vindeira edición
Narón, 15 de maio de 2018. O Pazo da Cultura acolleu esta mañá o acto de entrega de premios do “XXIX Certame Intercentros de Narón”. Preto de catrocentas alumnas e alumnos en representación dos centros públicos de ensino da cidade acudiron á convocatoria, acompañados por persoal docente e integrantes das Anpas dos centros. O colexio do Feal foi este ano o centro organizador do certame, no que a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e varios edís da corporación local, persoal do Servizo Sociocomunitario e dos centros educativos e Anpas entregaron os diferentes premios aos gañadores das distintas modalidades. Alumnado da Escola de Teatro de Narón encargouse de presentar o evento, que comezou pasadas as 12.00 horas, e os integrantes do Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos amenizaron a entrega dos recoñecementos. A través deste certame foméntase cada ano entre os centros de ensino de Narón o uso da lingua galega coincidindo coa próxima celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio.
A edil de Ensino entregou os premios globais de participación que recolleron os representantes dos colexios participantes e tamén o do cartel anunciador do certame este ano, realizado por alumnado do colexio do Feal.
Os estudantes dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara e do CRA de Narón e dos IES das Telleiras e Terra de Trasancos participaron nas diferentes modalidades deste certame: Murais, Conto, Conto ilustrado, Cómic, Expresión oral, Canción en galego, Audiovisual, Reportaxe xornalística, Poesía, Teatro escrito e Narrativa.
Taibo felicitou a tódolos alumnos e alumnas dos centros participantes, así como ao persoal docente e as Anpas pola súa labor e tamén a colaboración da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón. Así mesmo, a edil de Ensino animou ao colectivo a continuar defendendo e fomentando o uso da lingua galega e convidouno a participar activamente nos actos programados desde o Concello mañá e o xoves na Praza da Lectura, en Santa Icía, para continuar festexando na cidade o Día das Letras Galegas. “Desde o Concello de Narón continuaremos homenaxeando esta semana a figura de María Victoria Moreno, unha muller cuns méritos indiscutibles na defensa do galego e cunha exitosa carreira profesional, nada fácil para unha muller na súa época, chegando a ser perseguida por impartir clases en galego e figurando nunha lista negra de mestres”. “Xuntos reivindicaremos o papel que o galego debe ter no presente, sen esquecer tempos pasados e apostando por un futuro sempre mellor”, subliñou a edil de Ensino.
Ao remate da intervención de Mercedes Taibo os presentadores do certame anunciaron que será o colexio de Piñeiros o encargado de organizar o vindeiro ano, na súa trixésima edición, o Certame Intercentros do Concello de Narón, pasando un responsable do centro a recoller o testigo de mans dunha docente do colexio do Feal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal