Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE DUASCENTAS PERSOAS PARTICIPAN NAS MOSTRAS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN
MÁIS DE DUASCENTAS PERSOAS PARTICIPAN NAS MOSTRAS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, animou á veciñanza a asistir ás diferentes representacións, que se sucederán desde esta tarde ata o vindeiro 31 de maio no Auditorio municipal
Narón, 21 de maio de 2018. O alumnado da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón iniciará esta tarde as representacións enmarcadas nas Mostras de Fin de Curso. Un total de 227 persoas matriculáronse o pasado ano na citada Escola de Teatro, na que se desenvolven dous proxectos de actuación: os Obradoiros municipais de teatro e a Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada.
As catorce Mostras de Fin de Curso desenvolveranse no Auditorio municipal, desde hoxe ata o vindeiro 31 de maio, e o Obradoiro municipal de Teatro de Adultos de Sedes será o encargado de abrir esta programación, ás 20.30 horas, coa representación da peza Operación Samarcanda, dirixida por Pepablo Patinho. Esta mesma semana continuarán as representacións, o mércores 23, ás 20.30, co alumnado de segundo curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores, coa obra A morte dun viaxante, dirixida por Silvia Casal; o xoves 24, tamén ás 20.30 horas, cos participantes no Obradoiro municipal de Teatro de Adultos das Vivendas da Mariña, con Homes, homes, homes!, dirixida por Montse Piñón. De cara á fin de semana, o venres 25 será o turno, a partir das 19.00 horas, do Obradoiro municipal de Teatro de Adultos de Piñeiros, con A Pousadeira, dirixida por Maite da Costa, e a continuación, do Obradoiro municipal de Teatro de Adultos da Fundación Terra de Trasancos (O Val), con O anel máxico, dirixida por Silvia Casal. Na xornada do sábado 26 programáronse tamén dúas actuacións, a partir das 17.00 horas, a primeira a cargo do alumnado dos Obradoiros municipais de Teatro Infantil da Solaina e da Gándara, con Concerto silencioso, Escola con clase, Tremenda sesión e Rutina rodada (catro grupos en total) e a segunda co alumnado do Obradoiro municipal de Teatro Infantil de Pedroso, con Unha tarde no parque, dirixida por Montse Piñón. Pechará a programación desta semana o alumnado do Obradoiro municipal de Teatro Xuvenil (grupo 2), coa obra A cincenta que non quería comer perdices, a partir das 19.00 horas, dirixida por Silvia Casal.
A vindeira semana terán lugar as tres últimas representacións destas Mostras de Fin de Curso na Escola de Teatro de Narón. O martes 29 será o turno do Obradoiro municipal de Teatro Xuvenil (grupo 1), coa obra Mazás vermellas, que dirixe Silvia Casal, e que comezará ás 20.00 horas. O mércores 30 actuará o alumnado do Obradoiro municipal de Teatro Infantil (de 4 a 6 anos), que dirixido por Montse Piñón representará a peza Erefast e Hasim a partir das 18.00 e o xoves 31 pechará o ciclo coa Mostra de Interpretación de primeiro curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores, coa obra Café-Teatro Eurípides, a partir das 20.30, baixo a dirección de Pepablo Patinho.
A concelleira de Cultura destacou a “excelente acollida que ano tras ano ten a Escola de Teatro do Padroado da Cultura, creada no ano 1981 e que este curso contou con 157 alumnas e alumnos nos Obradoiros municipais de teatro que se imparten nos diferentes barrios e parroquias da cidade e adaptados ás idades dos participantes, e con 70 persoas na Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón”. María del Carmen Espada destacou a importante traxectoria da Escola de Teatro de Narón “de donde xurdiron compañías profesionais e grupos de teatro amador e cun equipo de docentes que contribúen a fornecer a cultura na nosa cidade en xeral e o teatro en particular”.
A edil responsable da área de Cultura animou á veciñanza a acudir ás Mostras de Fin de Curso, “para poder ver o gran traballo realizado por todas as persoas matriculadas na Escola de Teatro de Narón e desfrutar, de balde, do resultado dun ano de formación en diferentes niveis a través desta Escola de Teatro do Padroado”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal